Varias manifestacións protestarán este venres contra os desafiuzamentos

Protesta de Stop Desafiuzamentos en Compostela CC-BY-SA Merixo

Este 28 de decembro, Día dos inocentes, varias manifestacións percorrerán as rúas galegas en protesta polos desaloxos e na demanda de solucións coma a dación en pago ou a creación dun parque social de vivendas. As marchas están convocadas polas distintas plataformas contra os desafiuzamentos baixo o lema Desafiuzamentos=Asasinatos.

Salientan que "isto non é un problema que requira solucións caritativas, isto é un problema que require solucións de xustiza" e lembran que "levamos xa moito tempo reclamando dación en pago retroactiva, paralización de desafiuzamentos e creación dun parque de vivendas en aluguer social" e que "dende as altas esferas tomáronse medidas evidentemente insuficientes, porque seguimos tendo máis de 500 desafiuzamentos diarios, porque seguimos tendo 470 mil familias na rúa. E a nosa lexislación só entende de dación en pago para as entidades financeiras coa creación do banco malo".

 

Convocatorias:

Santiago de Compostela. 20 horas. Praza Roxa

Lugo. 20 horas. Praza Maior

Ferrol. 19 horas. Praza Amada Garcia.

 

Protesta de Stop Desafiuzamentos en Compostela CC-BY-SA Merixo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.