Véspera de Nada preséntalles aos partidos as súas propostas para unha Galicia sen petróleo

Capa do documento © Véspera de Nada

A entidade Véspera de Nada presentoulles este venres ás distintas forzas políticas un documento (Por unha Galiza resiliente: Preparando Galiza para unha nova civilización) que inclúe un amplo conxunto de medidas para preparar o futuro dun país sen combustibles fósiles. Trátase dun plan estratéxico trasversal que afecta de maneira directa ou indirecta a todas as áreas de competencia da Xunta.

A asociación considera que "é moita hora de que o noso país comece a reconstruír resiliencia para sermos capaces de sobrevivir como país e como sociedade co menor sufrimento posible os duros tempos nos que nos adentramos". Salienta que as medidas (en administración pública, economía, educación, agricultura, transporte, fiscalidade, hábitat ou urbanismo) non conforman "un documento de área, para ser abordado parcialmente dentro do ámbito de Medio Ambiente nos partidos políticos galegos, senón un plan estratéxico integral, xa que o declive enerxético e a necesidade de construírmos resiliencia como país, non pode ser abordada de maneira illada".

Véspera de Nada ofreceu documentos semellantes nas eleccións galegas de 2012, municipais de 2011 e 2015 e europeas de 2014, que se presentan agora máis extensos e desenvolvidos.

 

Capa do documento © Véspera de Nada

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.