Vídeos contra a violencia machista

Acción da Marcha Mundial das Mulleres © MMM

Deputación da Coruña e Concello de Santiago presentan senllas pezas audiovisual co gallo do 25N. A primeira é resultado dun concurso e a segunda amosa o seguimento da campaña 'Compostela en Negro', á que se sumaron 278 establecementos comerciais da cidade.

Trátase dun vídeo elaborado pola propia Uqui Permui que recolle a grande acollida e participación dos comercios adheridos á campaña, entre os que se atopan ademais axentes sociais coma o equipo compostelán Santiago Futsal. A concelleira de Igualdade de Compostela, Marta Lois, destacou "a corresponsabilidade de toda a cidade nesta campaña, tanto das persoas propietarias como das traballadoras, que se involucraron desde o primeiro momento con Compostela en Negro

Mentres, a curtametraxe “Convidados de Pedra”, obra gañadora do I Concurso de Guións contra a violencia de xénero organizado polo ente provincial, será remitida a todos os centros escolares, ademais de poder verse na rede e emitirse ao longo deste 25N na pantalla exterior do Teatro Colón da Coruña. A curta será un dos elementos centrais do acto institucional organizado pola Deputación; de feito, parte do alumnado que elaborou a curta e a profesora Manuela Campos, do IES Poeta Añón de Outes, participarán no acto, no que intervirán a vicepresidenta da Deputación Goretti Sanmartín mais a deputada responsábel da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero, Ánxela Franco.

Convidados de pedra

Compostela en negro

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.