XSG: “A xente debe recoñecernos pola nosa lingua e a nosa historia, non polas fotos con narcos”

Rolda de prensa de Aitor Bouza e Mario Tarrío © XSG

As Xuventudes Socialistas de Galicia sumáronse ao manifesto impulsado da plataforma Queremos Galego e chamaron a participar na manifestación convocada para este venres. O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, acompañado do secretario de normalización lingüística, Mario Tarrío, animaron a mocidade “a participar nesta gran mobilización na defensa do noso gran símbolo de identidade, como é a nosa lingua”.

Bouza lamentou que “cando se fala de Galicia só sexa porque emigran os nosos mozos/as máis preparados e mellor formados, como o galego Diego Martínez, recoñecido como o mellor físico de Europa; polas fotos con narcos, polas liortas parlamentaria ou polo galego que debería ser persona non grata de Galicia, o Sr. Rajoy”. Os mozos socialistas consideraron que “esta mobilización demostrará novamente que a nosa sociedade rexeita as políticas de desprezo cara á nosa lingua impulsadas polo PP obviando a obriga de defender os nosos dereitos e intereses.”

Os mozos socialistas consideraron que “esta mobilización demostrará novamente que a nosa sociedade rexeita as políticas de desprezo cara á nosa lingua impulsadas polo PP obviando a obriga de defender os nosos dereitos e intereses”

O secretario xeral manifestou que “esta data tan sinalada, na capital galega, moitas persoas diremos alto e claro que esiximos a normalización da nosa lingua propia. Diremos alto e claro que non queremos ser estranxeiras na propia patria”. Bouza reivindicou tamén que “falar galego non sexa un crime, senón unha riqueza e un privilexio, ante os claros retrocesos que sofre a nosa lingua polos constantes ataques da Xunta de Galicia á nosa identidade”. Referiuse tamén o dirixente socialista ao decreto aprobado polo Goberno da Xunta que “é completamente oportunista e involucionista que o único para o que se fixo foi cuns fins puramente electoralistas, rachando cun consenso de décadas.”

Rolda de prensa de Aitor Bouza e Mario Tarrío © XSG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.