A violencia sexual en República Dominicana: cando as institucións fallan, a loita colectiva sostén

Mobilización na República Dominicana contra a violencia sexual que sofren as mulleres © Agareso

Violencia, impunidade e ausencia institucional marcan as vidas de miles de mulleres nun país onde o movemento feminista articula esperanza fronte ao retroceso de dereitos

Con 14 anos, Ana (nome ficticio) tivo o seu primeiro fillo. Naceu froito dunha relación co seu irmán maior, duns 20 anos, nun contexto de maltrato por parte da figura paterna, unha figura que tamén a “brechaba” – espiaba – cando ía ao baño.

O fillo de Ana naceu con problemas de saúde, despois dun intento de aborto caseiro ao que a someteu seu irmán. Ano e medio despois, unha noite o neno comezou a convulsionar. Ana saiu correndo da casa a buscar a alguén que a levase a un hospital. Subiu ao primeiro coche que atendeu a súa chamada de axuda. Ela soamente pensaba en salvar ao seu fillo. No coche había tres homes. Dous deles violárona. Ela solo pedía que non deixaran morrer ou seu fillo. O terceiro deles finalmente levouna a un hospital para que atendesen ao neno, cuxa situación empeorara. Cando lle preguntaron que lle pasara, ela dixo que tivera un accidente, que por iso estaba así. Catro meses despois, Ana decatouse de que estaba embarazada e entrou nunha forte depresión.

Pouco tempo despois, con 17 anos, comezou unha relación cun home co que casou e tivo dous fillos. El maltratouna durante anos ata o punto de casa matala. Un día, a súa filla pediulle que se fora, e así o acabou facendo.

Hoxe Ana ten 32 anos e unha nova vida cunha parella que a respecta. A súa historia non é un feito illado, senón unha realidade que afecta a case a metade das mulleres na República Dominicana e que segue marcada pola impunidade e a falla de respostas institucionais.

O 44% das mulleres na República Dominicana sufriu violencia sexual algunha vez na vida © Agareso

O 44% das mulleres na República Dominicana sufriu violencia sexual algunha vez na vida. Isto ocorre nun contexto de alta desigualdade, sen educación sexual integral e con institucións permeadas por fundamentalismos relixiosos que defenden unha lexislación que segue sen recoñecer dereitos básicos como o aborto

O 44% das mulleres na República Dominicana sufriu violencia sexual algunha vez na vida segundo a Encuesta Nacional de Agresiones Sexuales contra la Mujer 2025 (Estudio de profundización en la caracterización y efectos de las agresiones sexuales sobre las mujeres) realizada polo Centro de Investigación para la Acción Femenina (CIPAF) e a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO). “La violencia sexual en República Dominicana no es un problema aislado, es estructural. Las niñas, adolescentes y mujeres vivimos en un país donde la impunidad es la norma, donde no hay garantías efectivas de acceso a la justicia ni al acompañamiento que necesitamos tras una agresión” denuncia Estephany Encarnación, responsable de incidencia de CIPAF e activista social e política dominicana.

Isto ocorre, segundo a activista, nun contexto de alta desigualdade, sen educación sexual integral e con institucións permeadas por fundamentalismos relixiosos que defenden unha lexislación que segue sen recoñecer dereitos básicos como o aborto. República Dominicana atópase entre os 21 países que seguen mantendo no mundo a prohibición absoluta do aborto incluso en casos de violación, incesto ou risco para a vida da embarazada segundo o Center for Reproductive Rights e, segundo Amnistía Internacional, entre os cinco que ademais esixen unha penalización estricta con cárcere para as mulleres. “La penalización absoluta del aborto agrava todo: una víctima de violación puede ser obligada a parir, sin acompañamiento ni alternativas. Eso también es violencia institucional”, apunta Encarnación.

A consecución e garantía de dereitos preocupan hoxe máis ca nunca ás organizacións feministas dominicanas trala recente aprobación da reforma do Código Penal. A nova lei mantén a penalización total do aborto, permite a prescrición de certos delitos sexuais e deixa fendas na definición de feminicidio e na protección fronte á violencia de xénero. “El país no escapa de la ola conservadora que hay. Hay una presencia muy fuerte de medidas anti derechos. Y no solo hacia las mujeres, sino también hacia poblaciones migrantes, racializadas, LGTBQ+... Estamos viviendo un momento de asedio”, reclama Graciela Morales, coordinadora de proxectos do CIPAF.

Educación sexual como punto de partida

República Dominicana é un dos países da rexión con maior taxa de embarazos adolescentes. A educación sexual integral é o punto de partida para atallar esta situación, mais o Estado parece bloquear calquera intento de implementar esta política pública

Ana refuxiouse no seu irmán maior cando seu pai lle pegaba. Tiña 14 anos, era unha nena, e non tiña unha rede na que apoiarse. Pensaba que o que lle pasaba era culpa súa, que todo eran consecuencias  que ela “se buscara”. Tampouco recibira na escola educación sexual que a protexera desa primeira relación e do seu primeiro embarazo. 

República Dominicana é un dos países da rexión con maior taxa de embarazos adolescentes segundo o Fondo de Población de las Naciones Unidas (UNFPA). “La educación sexual integral es central en todo esto. No solo previene abusos, también empodera. Permite identificar situaciones de violencia, entender el consentimiento, reconocer los derechos sobre nuestros cuerpos”, apunta Encarnación. Segundo a enquisa anteriormente mencionada, só o 18,8% das mulleres recoñece o vivido como unha agresión no momento en que ocorre. Asegura Morales que existe no país unha forte naturalización da violencia sexual e sobre todo, dentro dos espazos familiares. 

A educación sexual integral é o punto de partida para atallar esta situación, mais o Estado parece bloquear calquera intento de implementar esta política pública. “Eso nos está costando la vida y futuro de las mujeres y niñas en República Dominicana”, defende Encarnación. De feito, a mediados do ano pasado suspendéronse varios dos poucos programas públicos de defensa de dereitos das mulleres: “muchos centros cerraron, se desarticularon equipos de atención, se detuvieron campañas de prevención. En un país con cifras alarmantes de violencia feminicida y abuso infantil, eso es inaceptable y gravísimo”.

Só o 16,5% das mulleres que sufriron agresións denunciou os feitos ante as autoridades. © Guillermo Casado

A cara da violencia

O 63,2% das agresións que sufriron as mulleres sendo adultas foron cometidas por persoas coñecidas e o 73,7% en lugares considerados seguros. Sendo menores de idade, 9 de cada 10 foron cometidas por adultos e por persoas coñecidas

María e Juana (nomes ficticios) non se coñecen e teñen circunstancias moi distintas. María é venezolana e Juana, dominicana. A primeira vive no Distrito Nacional, a segunda en Boca Chica, na provincia de Santo Domingo. Porén, as súas historias son máis similares do que puidera parecer. 

“Coño, que tú eres mi mujer”, berraba o marido de María cando ela se negaba a ter relacións con el. Apretábaa, agarráballe a cara, dicíalle “malas palabras”, obrigábaa. Ao día seguinte á violación, el aseguraba non recordar nada por estar borracho. Ela nunca dixo nada nin acudiu a un centro de saúde por medo e desconfianza.

Despois destas experiencias María desbloqueou outras que ocorreran no pasado. Con oito anos un coñecido tocouna. “El nos daba caramelitos y nos hacía pulseritas”, recorda. El tocara a varias nenas do barrio. 

Juana tivo unha experiencia similar na súa infancia. Aos 13 anos o seu profesor de voleibol intentou violala. Cando ela se negou, el comezou a tratala mal e diferente ás outras nenas. Ela tiña medo e non quería que a sacaran de xogar a voleibol. A seguinte vez que a chamou á súa oficina, obrigouna a practicarlle sexo oral. Juana nunca dixo nada porque pensou que ninguén creería a súa palabra por enriba da del. Moitas das súas compañeiras contáronlle casos similares de agresión. El segue dando clases. 

Como no caso de María, Juana sufriu tamén de adulta a violencia dentro do fogar. O seu marido maltratouna. Ela acudiu ás autoridades, pero ao día seguinte puxéronno en liberdade e volveu á casa. 

Segundo a enquisa, só o 16,5% das mulleres que sufriron agresións denunciou os feitos ante as autoridades

O 63,2% das agresións que sufriron as mulleres sendo adultas foron cometidas por persoas coñecidas e o 73,7% en lugares considerados seguros. Sendo menores de idade, 9 de cada 10 foron cometidas por adultos e por persoas coñecidas e 8 en espazos de confianza segundo a Encuesta de Agresións 2025

Isto desmente a crenza común de que a violencia sexual é un acto aleatorio e o maior perigo vén de estranos en lugares escuros ou públicos, cando en realidade o risco está tamén, e en gran medida, en contornas próximas e supostamente seguras. Isto esixe un cambio na abordaxe da seguridade persoal, a educación sexual e as políticas de prevención: a agresión sexual non é só un crime de rúa, senón unha violencia arraigada en estruturas sociais próximas.

María e Juana sufriron e sofren hoxe as consecuencias físicas e psicolóxicas das súas agresións. “Que otra gente se me acercara me costó”, apunta María. “Estaba desconfiada y tampoco quería dejar a mi hija sola con el”. A súa relación coa sexualidade mudou profundamente, tendo moitas dificultades para restablecer (ou crear) unha vida sexual saludable e satisfactoria. Atravesaron numerosos episodios depresivos que, en ocasións, derivaron en intentos de suicidio. Sentíronse culpables, avergonzadas, soas e desprotexidas, sen unha rede na que apoiarse por medo a que non as creran. A irrupción temperá e a continuidade da violencia ao longo da súa vida unida á falla de acompañamento e atención institucional dificultan moito máis todo este proceso. 

República Dominicana é un dos países da rexión con maior taxa de embarazos adolescentes © Agareso

As institucións están(nos) fallando

Nos últimos anos o movemento feminista dominicano logrou posicionar a violencia sexual na axenda pública, formar a novas xeracións, xerar grandes articulacións entre territorios e acompañar centos de casos con forza colectiva

Como ocorreu no caso de Juana, conta Graciela Morales que nos casos de violencia sucedidos no contexto dos centros educativos “muchas veces se expulsa al profesor agresor pero no se enjuicia, por lo tanto, se va a otra escuela”. Isto amosa fendas na resposta institucional ante as agresións.

Segundo a enquisa, só o 16,5% das mulleres que sufriron agresións denunciou os feitos ante as autoridades. O motivo máis frecuente, apunta o informe, é porque consideran que “denunciar non serve para nada” (28,6%). Isto, seguido do medo ao agresor (24,85) e de non considerar a situación un delito (21%). 

Estephany Encarnación reforza a idea avalada polos datos: “Las mujeres no denunciamos porque sabemos que el sistema no va a responder. No solo se trata de sentencias, se trata de lo que pasa en cada paso del proceso: la indiferencia, la incredulidad, la exposición pública, la falta de protección. Cuando una víctima ve que nada cambia tras denunciar, no solo pierde confianza ella: el mensaje que reciben todas es que no vale la pena”.

Ás fendas no sistema de xustiza súmanse as do sanitario. “El sistema de protección no está funcionando”, apunta Graciela Morales. Falla de protocolos, de persoal capacitado, de acceso real a anticoncepción de emerxencia e de atención especializada para vítimas, son algunhas das carencias do sistema que destaca Encarnación. 

O 75,8% das mulleres agredidas non acudiu a un centro de saúde tras a agresión sendo a principal razón nun 73,8% por non consideralo necesario, seguida do descoñecemento sobre se debían facelo (11.0%). Este dato está moi relacionado con que un 30.6% descoñece os dereitos que lle asisten tras unha agresión sexual, o que conecta con debilidades noutro sistema: o educativo. Segundo a enquisa, isto suxire que, “a pesar de los marcos normativos existentes, la falta de difusión y educación en derechos sigue siendo un obstáculo para las víctimas en la búsqueda de atención y justicia”.

Cando as institucións fallan…

Cando o Estado non responde, os movementos sociais sosteñen

Cando o Estado non responde, os movementos sociais sosteñen. “A pesar del retroceso institucional, el movimiento está vivo”, apunta Estephany Encarnación. Nos últimos anos o movemento feminista dominicano logrou posicionar a violencia sexual na axenda pública, formar a novas xeracións, xerar grandes articulacións entre territorios e acompañar centos de casos con forza colectiva. Acadou a primeira lei sobre violencia contra as mulleres, o dereito a herdar e poseer terras o divorcio e o incremento da participación política das mulleres. 

Isto conséguese, segundo Encarnación, “con organización, con coherencia política, con escucha y con compromiso ético que pone la vida en el centro”. Un exemplo claro disto foi o campamento organizado polo movemento no 2021 fronte ao Congreso Nacional para esixir a despenalización do aborto en tres causais (perigo para a vida da nai, inviabilidade fetal e violación ou incesto). A pesar da  represión e dos numerosos intentos de intimidación, as mulleres resistiron máis de dous meses esixindo os seus dereitos. “Cada conquista es fruto del trabajo colectivo, y cada retroceso nos ha encontrado juntas, resistiendo”, reivindica Encarnación.

O 63,2% das agresións que sufriron as mulleres sendo adultas foron cometidas por persoas coñecidas © Guillermo Casado

Na actualidade, o movemento atópase enfocado na aprobación da Ley Orgánica Integral para la Erradicación de la Violencia Contra las Mujeres, unha proposta consensuada por centos de organizacións e persoas expertas que segue sen avanzar no Congreso

Na actualidade, o movemento atópase enfocado na aprobación da Ley Orgánica Integral para la Erradicación de la Violencia Contra las Mujeres, unha proposta consensuada por centos de organizacións e persoas expertas que segue sen avanzar no Congreso. “Se ha convertido en un símbolo del doble discurso del Estado: reconocen la gravedad de la violencia, pero no actúan en consecuencia. Pedimos voluntad política real. Que dejen de usar nuestros derechos como moneda de cambio”, defende a activista.

A loita do movemento feminista dominicano e a violencia sexual non son realidades alleas á nosa sociedade. Esta non é unha problemática exclusiva do país caribeño, apunta Graciela Morales, senón que “pasa en todos los países porque el mundo es patriarcal y la violencia una cuestión de poder”. As nosas loitas están conectadas por un mesmo sistema que oprime ás mulleres en distintos territorios do mundo. Defender dereitos non é só unha urxencia do Sur nin do Caribe, é, segundo Encarnación, “unha causa compartida”. Neste contexto, “nos necesitamos juntas”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.