Brasil decide o seu camiño

Dilma Rousseff CC-BY-NC-ND MPB

143 millóns de brasileiros e brasileiras están chamadas ás urnas este domingo na segunda volta das eleccións presidenciais, posiblemente as máis igualadas e polarizadas no que levamos de século. Dilma Rousseff (PT) e Aécio Neves (PSDB) defenden dous modelos económicos, dúas maneiras de entender o presente e o futuro do país. 

A actual presidenta chega, á vista da maior parte das sondaxes, cunha pequena vantaxe

A actual presidenta chega, á vista da maior parte das sondaxes, cunha pequena vantaxe. Os estudos publicados por Vox Populi, Datafolha e Ibope outórganlle á petista unha diferenza de 8, 4 e 6 puntos, respectivamente, no voto válido. Porén, o último traballo publicado pola pequena empresa MDA presenta a Neves como gañador por apenas un punto de marxe. No blogue Notícias do Brasil, Xoán Carlos Lagares destaca que o ambiente previo a esta segunda volta das eleccións presidenciais destacan "as ruas e as redes ardendo por causa do ódio antipetista" e "uma empolgante reação da esquerda para deter a possível vitória do PSDB". 

As opcións de Neves baséanse no estancamento económico que vive Brasil, no incremento da inflación, e nos varios escándalos de corrupción asociados co Goberno do PT, que marcaron parte da campaña electoral

Rousseff obtivo un 41,59% dos votos no primeiro turno, por 33,55% de Neves que, con todo, conseguiu o apoio entusiasta para esta segunda volta da candidata do PSB, Marina Silva. Con todo, semella que a igualdade da enquisas e a posibilidade certa de que o PSDB retornase ao poder conseguiu mobilizar unha parte importante de voto de esquerda desencantado coas políticas de Dilma Rousseff. Rousseff amósase confiada na vitoria e mesmo destacou no derradeiro mitin da campaña que percibía "unha especie de xiro", "vi algo diso nas rúas nestes días", afirmou.

As opcións de Neves baséanse en boa medida no estancamento económico que vive Brasil, no incremento da inflación, e nos varios escándalos de corrupción asociados co Goberno do PT, entre eles os relacionados con Petrobras, que marcaron parte da campaña electoral. "Vou apostar pola meritocracia, abonda de nepotismos petistas", destacaba nunha entrevista recente. Porén, a pesar da ralentización do crecemento económico, as enquisas amosan que o pobo brasileiro é optimista con respecto á situación económica. O desemprego caeu por debaixo do 5% e o 44% dos cidadáns cren que a situación económica mellorará e só un 15% pensan que irá a peor.

Dende a esquerda lémbrase a negativa xestión de Fernando Henrique Cardoso, último presidente do PSDB, que incrementou notablemente as desigualdades no país

A inflación, iso si, sitúase en taxas anuais do 6,5%. A receita de Aécio Neves para combatela son as tradicionais fórmulas neoliberais. "A vitoria do PSDB creará un novo entorno de tranquilidade entre os investidores e empresarios que actuará para reducir a inflación", afirmou esta semana. Dende a esquerda lémbrase a negativa xestión de Fernando Henrique Cardoso, último presidente do PSDB, que incrementou notablemente as desigualdades no país, e alertan de que Neves só promete un retorno a aquelas fórmulas. De feito, Arminio Fraga, presidente do Banco Central durante o goberno de Cardoso, sería con toda seguridade o ministro de Facenda nun hipotético goberno de Neves. Fraga xa advertiu esta semana de que aposta por "liberar os mercados das amarras do Estado" e apostou por tomar medidas "impopulares" para controlar a inflación. The Economist e Shell xa deron o seu apoio entusiasta ao candidato "por ser quen vai volver falar cos mercados financeiros".

Lagares destaca que "o PSDB e seu candidato representam claramente a volta à receita neoliberal, de arrocho salarial, recorte nos gastos públicos, desemprego e juros altos para beneficiar os detentores da dívida pública"

Xoán Carlos Lagares destaca igualmente que "o PSDB e seu candidato representam claramente a volta à receita neoliberal, de arrocho salarial, recorte nos gastos públicos, desemprego e juros altos para beneficiar os detentores da dívida pública. O mercado reage com entusiasmo aos anúncios de medidas impopulares do candidato da oposição, não esconde o seu gozo a cada indício de uma possível volta atrás na política econômica petista".

Pola contra o PT promete afondar en proxectos sociais e investir en educación, ofrecendo un certo xiro á esquerda para renovar a confianza dos e das electoras. Porén, terá que facelo, en caso de vitoria co obstáculo dunha Cámara de Deputados e un Senado conservador e fragmentado. En entrevista con Praza, Zé Roberto da Silva (membro da Direção Nacional do MST, que pediu o voto para Rousseff), alertaba hai uns días de que "a elección de Aécio Neves suporía a hexemonía do capital financeiro e das empresas transnacionais do agronegocio na nosa economía".

Lagares destaca que "o governo do PT resolveu incentivar o consumo, continuar e aprofundar os programas sociais de distribuição de renda, regular o mercado de trabalho em áreas ainda desprotegidas, e incrementar o investimento público em infraestruturas e serviços. Desse modo, chegamos a 2014 com o Brasil fora do mapa da fome". "Tal política econômica permitiu que a crise mundial, esse tsunami, chegasse ao Brasil, como dissera tão galegamente o presidente Lula, com a força de uma marolinha", engade.

O MST, como outros movementos sociais, ofrece un apoio crítico "Para avanzar nestas mudanzas será necesario reforzar a alianza entre o Goberno do PT e as organizacións sociais, xa que o Congreso vai aínda máis conservador do que era"

O MST, como outros movementos sociais, ofrece un apoio crítico: "hai moito aínda que mellorar: necesitamos melloras estruturais, necesitamos avanzar na reforma agraria, resolver problemas no transporte urbano, mellorar aínda máis a educación... A sociedade e as forzas sociais esixímoslle ao Goberno do PT máis mudanzas", e recoñece a dificultade engadida dunhas cámaras lexislativas que xiraron á dereita: "Para avanzar nestas mudanzas será necesario reforzar a alianza entre o Goberno do PT e as organizacións sociais, xa que o Congreso vai aínda máis conservador do que era".

A este respecto Lagares destaca a forte presión mediática contra os gobernos petistas e o apoio indisimulado á oposición do PSDB: "A imprensa golpista ficou anos tentando nos fazer crer que vivíamos um momento ímpar de corrupção no país, alimentando um ódio nada sutil contra os beneficiários dos programas sociais (Bolsa Família e Cotas para negros nas universidades, fundamentalmente) e vigiando qualquer movimento progressista".

Rousseff terá que se enfrontar, no caso de gañar, a unha oposición máis forte e que, nalgúns casos, adquiriu un certo ton racista e clasista, censurando o forte apoio que o PT recolle nos estados máis pobres do país e entre a poboación con menores ingresos e os e as votantes de razas distintas á branca. Por poñer un exemplo, no primeiro turno o PT impúxose en 15 estados, sobre todo no norte do país. Mentres, o PSDB gañou no sur, cun apoio moi forte no estado de São Paulo, no que obtivo o 44,22% dos votos, por un 25,82% do PT.

Rousseff terá que se enfrontar, no caso de gañar, a unha oposición máis forte e que, nalgúns casos, adquiriu un certo ton racista e clasista, censurando o forte apoio que o PT recolle nos estados máis pobres do país

Lagares tamén comenta estas visións clasistas e comenta que "a ascensão social dos miseráveis não apenas encareceu o serviço doméstico, como também afetou gravemente a identidade dessa classe social habituada à desigualdade, que não foi educada para conviver em condições de mínima civilidade com as classes subalternas". "As coisas eram muito mais fáceis quando, cristãmente, podiam sentar um pobre à mesa na noite de Natal", conclúe con retranca. Lagares tamén fai referencia ás dificultades para o transporte público: "As barreiras para a mobilidade urbana, em cidades imensas, cheias de grades e de cancelas, com transporte público ruim e caro, criaram espaços que não se comunicam".

Lagares sinala que o PT errou en non completar algunhas reformas de fondo na estrutura social brasileira: "Educar essa nova classe trabalhadora, democratizar a mídia, reformar o sistema político, reformar o sistema tributário"

Xoán Carlos Lagares conclúe lembrando aquela frase de Lula da Silva, que se defendía dalgunhas críticas afirmando que "o PT estava sendo punido por seus acertos e não por seus erros". Lagares concorda parcialmente, mais sinala que o PT errou en non completar algunhas reformas de fondo na estrutura social brasileira: "Educar essa nova classe trabalhadora não para o consumo de serviços, mas para a reivindicação de direitos; democratizar a mídia, e tirar das cinco famílias que possuem os grandes jornais e canais de televisão o poder de decidir a agenda política do país; reformar o sistema político, com o apoio dos cidadãos conscientes que não deixam de demandá-lo, das forças progressistas e dos movimentos sociais; reformar o sistema tributário, provocando uma distribuição de renda mais profunda e duradoura".

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.