"Esta é unha película urxente por Palestina"

Fotograma de 'Película urxente por Palestina' © Alberte Pagán

Alberte Pagán presentou antes do verán un filme breve e urxente para denuncia a situación que vive o pobo Palestino. Un filme que recupera a máxima actualidade nestes días, coa poboación de Gaza sometida aos ataques do exército israelí, que xa provocaron máis de cen mortos. As imaxes de Película urgente por Palestina rodáronse en 2011 nos territorios ocupados e contan coa voz de Dionísio Pereira para a narración na súa versión en galego. Como salienta o seu autor, facendo referencia a Chris Marker, esta película é "o contrario á descrición dun combate. É un combate".

 

Película urgente por Palestina

Esta é umha película urgente
por Palestina,
desde Palestina.
Esta é umha película sem images
porque as images som incapaces de representar a história.

O cinema é mentira.
Esta é a image dumha mentira.
Israel é mentira,
a história é mentira.

Estas som images da história,
images do presente,
história das images.
A política é a história em estado presente.

Que foi da revoluçom palestina?
Isto nom é a descriçom dum combate:
isto é o combate.

Isto é um panfleto sobre o sofrimento cotiá,
esta é história do sofrimento histórico,
sem images,
sem palavras.

Isto é um panfleto pola autodeterminaçom,
polos direitos dos povos,
polo direito ao retorno.

Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.
Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.

Isto nom é umha película.

Fotograma de 'Película urxente por Palestina' © Alberte Pagán

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.