Miranda vs. Piñera en defensa do pobo Mapuche

Interpelación de Ana Miranda ao presidente de Chile Sebastián Piñera sobre a situación do pobo Mapuche Dominio Público Praza Pública

O presidente de Chile, Sebastián Piñera, compareceu este xoves no Parlamento europeo. Este tipo de intervencións son decote puramente formularias, pois aínda que os mandatarios estranxeiros poden ser interpelados polos eurodeputados, estas preguntas poucas veces van alén dos formalismos ou dalgunha crítica ou cuestionamento moi xenéricos. 

Miranda tamén se interesou por outros asuntos coma a lei de pesca artesanal ou a Lei Hinzpeter, tamén chamada lei antiprotesta

Non foi así desta vez. A eurodeputada do BNG Ana Miranda tomou a palabra para dirixirse ao presidente chileno e centrouse principalmente en criticar e procurar información sobre o trato que o seu goberno lle dá ao pobo Mapuche e denunciou a situación de exclusión social e de pobreza que viven amplas capas de poboación en Chile e especialmente entre esta comunidade indíxena, que cualificou de "vergoña". A relativa dureza da súa intervención, tendo en conta o tipo de discurso que se adoita facer no Parlamento europeo, está sendo moi comentado nas institucións comunitarias.

O vídeo supera as 100.000 visitas en pouco máis dun día e converteuse en trending topic en Chile

Miranda tamén se interesou por outros asuntos coma a lei de pesca artesanal ou a Lei Hinzpeter, tamén chamada lei antiprotesta ao limitar en boa medidad a liberdade de expresión e de reunión. O vídeo supera as 100.000 visitas en pouco máis dun día e converteuse en trending topic en Chile.

Interpelación de Ana Miranda ao presidente de Chile Sebastián Piñera sobre a situación do pobo Mapuche Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.