Rousseff: "O pobo está a dicirnos que quere cambios"

A corrupción existente na politica brasileira é se cadra a preocupación máis urxente na mente dos manifestantes Dominio Público Praza Pública

Despois de reunirse con representantes do Movimento Passe Livre e cos 27 gobernadores estaduais a presidenta brasileira ofreceu "cinco pactos" en materias fiscais, de sanidade, transporte e educación e propuxo iniciar o proceso para reformar a Constitución co obxectivo de loitar contra a corrupción. Tras unha reunión con gobernantes, alcaldes e ministros, a mandataria explicou a súa intención de buscar solucións aos problemas que estes días mobilizan o pobo brasileiro. Rousseff apelou á "participación" en resposta a quen esixen "máis cidadanía". "O pobo está a dicirnos que quere cambios. Quere servizos públicos de calidade, mecanismos máis eficaces para combater a corrupción", dixo e engadiu "estamos a pasar por un inequívoco proceso de cambio, talvez o máis amplo que viviu o país". “O Brasil está maduro para avanzar e non pode ficar parado onde está", afirmou.

Rousseff chamou a avanzar "cara a un novo Brasil" a través dunha "reforma política" que pasaría pola convocatoria dun plebiscito para formar unha Asemblea Constituínte

Rousseff chamou a avanzar "cara a un novo Brasil" a través dunha "reforma política" que pasaría pola convocatoria dun plebiscito para formar unha Asemblea Constituínte, situando como obxectivos a estabilidade fiscal, a ampliación da "participación popular" e a loita contra a corrupción, que se castigaría con penas máis duras. Tamén prometeu mellorar o sistema sanitario público, creando novas prazas para médicos, incrementar os fondos destinados a educación, grazas ao reinvestimanto dos cartos procedentes de explotacións petrolíferas. Haberá igualmente desgravacións fiscais para a redución das tarifas do transporte.

Porén, queda por ver o efecto destes anuncios, coheentes coas demandas manifestadas nas rúas estes días, pero que terdarán un tempo en ter un impacto real na vida da xente. Por exemplo, para o governador de Bahia, Jaques Wagner, do PT, os investimentos en obras de mobilidade urbana non resolven o descontento das rúas: "As obras levan uns tres anos para ficar prontas", afirmou no xornal O Globo. E de igual xeito, como lembra Sérgio Rivero Cerviño no blogue Notícias do Brasil, "resta saber como os parlamentares brasileiros reagirão àquilo que os coloca numa berlinda quase intransponível, uma vez que muitos respondem a processos judiciais e todos usufruem de salários e mordomias inimagináveis em um país socialmente injusto como é o Brasil".

A corrupción existente na politica brasileira é se cadra a preocupación máis urxente na mente dos manifestantes Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.