Vacacións en Palestina

Escenario do "xogo" Dominio Público Praza Pública

O blog de Praza dedicado aos Territorios Ocupados, Diario de Palestina, fala esta semana dun xogo, que comeza a ser moi popular en Israel, no que homes e mulleres de todas as idades, mesmo nenos 'practican' como matar 'terroristas'.

Os atractivos turísticos de Palestina crecen co verán e este ano, en Cisxordania, amais de todas as propostas históricas, pódese xogar á palestination en vivo. O xogo, un pasatempo didáctico, consiste nun programa lúdico no que se practica como disparar terroristas e rematalos en tres segundos ou menos.

O xornal Ynet recolle detalles do evento, seguindo a experiencia dunha familia estadounidense, convencida de que iso é parte da súa educación, pois os nenos “deben saber de onde veñen, así como sentir algo de acción”. Así o certifica Iacob, quen asegura que aprendeu a reducir un terrorista e a rescatar reféns: “Agora, cando me atope en perigo, saberei como comportarme”.

Non hai límite de idade para participar e é un pasatempo ideal para familias enteiras que, unha vez rematado o curso, reciben un diploma acreditativo

O obxectivo do xogo é disparar a un terrorista usando diversos rifles e explosivos. Segundo Xaron Gat, responsable do proxecto, “é un programa especial incentivado pola demanda popular”, e de calidade, pois todos os instrutores serviron en unidades de elite do exército israelí. Amais, non hai límite de idade para participar e é un pasatempo ideal para familias enteiras que, unha vez rematado o curso, reciben un diploma acreditativo.

...

Segue lendo en Diario de Palestina

Escenario do "xogo" Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.