As autoridades de Venezuela cifraron este venres en 920 os mortos e 3.360 os feridos por mor dos dous terremotos de 7,2 e 7,5 na escala aberta de Richter rexistrados este xoves no país. Só en La Guaira máis de 100 edificios colapsaron
As autoridades de Venezuela cifraron este venres en 920 os mortos e 3.360 os feridos por mor dos dous terremotos de 7,2 e 7,5 na escala aberta de Richter rexistrados este mércores no país, segundo os datos do Ministerio do Poder Popular para a Comunicación Venezuela / DPA, divulgados por Europa Press. Mentres, grupos de rescatistas internacionais, entre os que se atopa a UME (Unidade Militar de Emerxecias) ou un dispositivo galego, están camiño a Caracas e La Guaira.
Só en La Guaira máis de 100 edificios colapsaron, mentres se mantén a mobilización de máis de 100 equipos de maquinaria pesada para os labores de recuperación de persoas que se atopan atrapadas e espérase o despregamento de 11.500 funcionarios de seguridade de distintas institucións, segundo informa Infolibre.
O Ministerio de Defensa do Goberno de España informa que o avión do Exército do Aire fretado de madrugada para prestar axuda a Venezuela xa chegou ao país con efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) e dos equipos de emerxencia da Comunidade de Madrid.
Entre os desaparecidos tamén se atopa unha familia de Marín, que viaxara para visitar familiares en La Guaira
O Ministerio de Asuntos Exteriores confirmou que traballa para repatriar os españois no avión militar que acaba de chegar a Venezuela, así como que a Unidade de Crise traballa para localizar aos españois en tránsito ou aqueles con necesidades especiais.
Antes, Exteriores informou da morte de tres españois, confirmada por familiares, e dixo que hai outros 99 cidadáns do Estado desaparecidos. Segundo confirma o órgano que dirixe Albares, entre eses desaparecidos, hai catro que xa foron localizados baixo os cascallos aos que se está tentando acceder.
Entre os desaparecidos tamén se atopa unha familia de Marín, que viaxara para visitar familiares en La Guaira. Yhosvany Hernández, Adela Taberneiro, Ulises Adrian e Lía Fernanda Hernández Taberneiro viaxaron o sábado a La Guaira, unha das zonas máis afectadas, para pasar parte das vacacións escolares e visitar aos seus achegados
Varios países anunciaron o despregamento de persoal de socorro en Venezuela, entre eles EEUU, segundo informa Infolibre, onde o Departamento de Estado traballa en estreita coordinación co Pentágono nas tarefas loxísticas e de traslado, dado que o Aeroporto Internacional Simón Bolívar de Maiquetía, situado en La Guaira e que serve a Caracas, foi clausurado temporalmente debido aos danos. Ademais, Estados Unidos autorizou este xoves transaccións a Venezuela, prohibidas polas sancións, a condición de que estean relacionadas cos "labores de socorro" polos terremotos do xoves. Previamente, o Departamento de Estado de EEUU anunciou nun comunicado o envío de 100 millóns de dólares para a Oficina das Nacións Unidas para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA) en Venezuela, e outros 50 millóns para operar sobre o terreo.
Pola súa banda, a Xunta de Galicia informou este sábado de que tamén mobilizou un dispositivo de axuda humanitaria para colaborar nas tarefas de resposta á emerxencia provocada polos terremotos rexistrados en Venezuela.
O dispositivo galego desprazado está integrado por seis bombeiros da Asociación Briegal (Búsquedae Rescate Integral en Emerxencias de Galicia) e dous técnicos de emerxencias sanitarias da organización non gobernamental IAE
Galicia desprazou a Venezuela un equipo lixeiro de busca e rescate urbano para colaborar na resposta aos terremotos. O dispositivo, que partiu esta mañá desde a base aérea de Torrexon de Ardoz (Madrid) formando parte dun único equipo de medios procedentes de España, está integrado por seis bombeiros integrantes da Asociación Briegal (Búsquedae Rescate Integral en Emerxencias de Galicia) e dous técnicos de emerxencias sanitarias da organización non gobernamental IAE (Intervención, Axuda e Emerxencias). A coordinación do desprazamento, a dotación do material necesario para a viaxe e os traballos e a comunicación continua co Cenem (Centro Nacional de Seguemento e Coordinación de Emerxencias) foi levada a cabo pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través da Dirección Xeral de Emerxencias.
Este dispositivo galego de rescatadores especializados ten capacidade para realizar, entre outros traballos, labores de corte e perforación, control de atmosferas, rescate con cordas ou busca técnica e xa participou en anteriores emerxencias internacionais, como os terremotos de Turquía e as inundacións de Libia.