A liberalización constitucional do transfuguismo político municipal

Casa do Concello en Fisterra CC-BY-SA Adrián Estévez

O pleno do Tribunal Constitucional vén de resolver unha cuestión de inconstitucionalidade a respecto do artigo 197 da LOREX, que regula a moción de censura no ámbito municipal, nun caso que se plantexou no 2022 no concello de Arredondo, en Cantabria

1. O pleno do Tribunal Constitucional, na súa STC 134/2025, do11 de xuño, vén de resolver unha cuestión de inconstitucionalidade elevada polo TSJ de Cantabria a respecto do párrafo segundo da alínea 1. a) do artigo 197 da LOREX, que regula a moción de censura no ámbito municipal, nun caso que se plantexou no 2022 no concello de Arredondo.

Este artigo, o 197 LOREX, foi introducido a través da Lei Orgánica 2/2011, como consecuencia das addendas do Pacto Antitransfuguismo asinado en xullo do 1998, para suprimir a eficacia do voto dos MENAs (MEmbros Non Adscritos da corporación que abandonaron a disciplina dos partidos ou agrupacións en cuxas listas se presentaron ás eleccións) nas mocións de censura. A redacción do artigo 197.1.a) (en concreto, o seu párrafo terceiro) foi xa anulada pola STC 151/2017, do 21 de decembro, con argumentos similares aos que agora STC 134/2025 aplica ao resto do precepto.

Este artigo, o 197 LOREX, foi introducido para suprimir a eficacia do voto dos MENAs (MEmbros Non Adscritos da corporación que abandonaron a disciplina dos partidos ou agrupacións en cuxas listas se presentaron ás eleccións) nas mocións de censura

2. Reitera agora o Constitucional que a supresión da validez do voto dos MENA nas mocións de censura supón unha restricción desproporcionada do “ius in officio” dos cargos públicos electos locais e, por tanto, unha limitación inconstitucional do contido esencial do dereito fundamental recoñecido polo artigo 23.2 CE (dereito ao acceso en condicións de igualdade aos cargos públicos). Leamos o seu fundamento xurídico quinto:

(...) ha de considerarse desproporcionada la restricción al afectar al núcleo básico de la función de control político propia del derecho de participación política del art. 23.2 CE (...) La proyección de la mayoría cualificada que se cuestiona pretende asegurar las lealtades de orden político consustanciales a una democracia representativa, y de esa preservación se deriva también que no sea modificada la voluntad popular. Y, efectivamente, esos objetivos pueden ser alcanzados a través de la fórmula limitativa escogida por el legislador. Pero, al tiempo, puede quedar preterida la gobernabilidad municipal si la imposibilidad de moción deriva en un bloqueo político, y puede verse suprimido un determinado mecanismo de ejercicio del control político que resulta esencial para asegurar el adecuado sistema de pesos y contrapesos en el estado de derecho. Así, en supuestos en que el alcalde haya perdido la confianza de una gran parte de su grupo municipal, pero no sea posible interponer una moción de censura por la aplicación del párrafo segundo del art. 197.1 a) LOREG, podría verse bloqueada la gobernabilidad y paralizada la gestión local por el refuerzo de la oposición al que se habría unido parte del antiguo grupo de gobierno, y ello sin posibilidad de acudir a la moción de censura que es el mecanismo inicialmente previsto para solventar la inestabilidad del gobierno municipal. Ni la convocatoria de nuevas elecciones, ni la designación de una comisión gestora (art. 183.1 LOREG), ni la asunción de la gestión ordinaria de la corporación por la comunidad autónoma o la diputación provincial (art. 183.2 LOREG) son instrumentos propios de la gestión ordinaria, ni garantizan mejor que la moción de censura el respeto al criterio de los electores manifestado en las urnas.

Reitera agora o Constitucional que a supresión da validez do voto dos MENA nas mocións de censura supón unha restricción desproporcionada do “ius in officio” dos cargos públicos electos locais

(...) En el supuesto previsto en el párrafo segundo del art. 197.1 a) LOREG, el legislador vulnera el núcleo básico de las funciones representativas del concejal porque le impide no solo ejercer la iniciativa para plantear la moción de censura, que forma parte del núcleo duro de la función representativa, sino participar en cualquier modo en un voto de censura cuando de la proyección de la mayoría cualificada resultante de la aplicación de la medida cuestionada se derive, en el caso concreto, la imposibilidad de plantear dicha moción en el ámbito municipal concreto en que el concejal haya sido elegido. Y no solo se puede producir ese bloqueo respecto del concejal perteneciente al grupo municipal del alcalde, sino respecto de un conjunto indeterminado de concejales integrantes del o de los grupos de la oposición municipal. El automatismo en la aplicación de la consecuencia jurídica prevista en el párrafo segundo del art. 197.1 a) LOREG, su configuración excesivamente amplia, que no considera las circunstancias en que se esté produciendo la escisión del grupo municipal de gobierno, y el efecto reflejo que la indeterminación de la mayoría cualificada puede tener sobre la propia existencia, en el ámbito local, del instrumento de control político que es la moción de censura municipal, conducen a considerar que concurre un desequilibrio patente y excesivo o irrazonable entre la medida analizada y la finalidad constitucional de la norma.

De todo ello se concluye, como hicimos en la STC 151/2017, FJ 7, «que «la anomalía que ha incidido negativamente en el sistema democrático y representativo y que se ha conocido como ‘transfuguismo’» no puede intervenirse por el legislador con restricciones al ius in officium (STC 9/2012) que impacten en el ejercicio natural del cargo público al amparo de la libertad de mandato con base en razones asociadas, sin adjetivos, a la vinculación orgánica o política, sin fundamentos añadidos. Sencillamente porque no es cierto que la desvinculación orgánica o política del grupo de origen desestabilice por defecto o sin excepción la vida municipal o modifique la voluntad popular. […] La norma, en suma, sujeta al concejal al grupo político de origen bajo advertencia de restricción de las funciones representativas básicas, sin que ese efecto responda inevitablemente a una defraudación de la voluntad popular o a un hacer que busque la desestabilización de la dinámica municipal, como el preámbulo de la ley orgánica invoca”.

Agora, os MENA recuperan a capacidade individual de poderen asinar e votar eficazmente, con plenitude de efectos, as mocións de censura municipais. O voto que antes estaba amortizado e bloqueado polas organizacións políticas, recupera a súa condición de activo chamado a xogar un importante papel no mercado político-electoral municipal que resta até 2027

3. A STC 134/2025 continúa a senda de revisión, iniciada mediante a STC 151/2017, das limitacións introducidas polo Pacto Antitransfuguismo sobre os dereitos políticos dos MENAs no ámbito local. En concreto, sobre a ineficacia do seu voto para respaldar mocións de censura. 

As limitacións anterores xustificábanse como medidas de tutela da vontade popular, que desincentivaban o transfuguismo, reforzaban a estabilidade da investidura inicial de alcalde, e aseguraban a capacidade de vinculación dos electos locais á disciplina interna dos partidos e agrupacións que os presentaran nas súas listas. Agora, os MENA, en coherencia co deseño do mandato representativo no ámbito local (a acta segue a ser da candidato individual, non do partido que a presentou nunha lista), recuperan a capacidade individual de poderen asinar e votar eficazmente, con plenitude de efectos, as mocións de censura municipais. O voto que antes estaba amortizado e bloqueado polas organizacións políticas, recupera a súa condición de activo chamado a xogar un importante papel no mercado político-electoral municipal que resta até 2027. 

Mantéñense, sen embargo, as limitacións previstas sobre a capacidade de obter beneficios económicos, retribucións ou premios como “tránsfugas”, fundamentalmente as recollidas no artigo 73.3 da LBRL (caso da concelleira Mónica Martínez Lema no Concello da Coruña). Isto significa que os MENAs poden entrar non goberno municipal, pero non poderían cobrar retribucións. Segue en vigor, pois, a prohibición de obter beneficios económicos ou favores a resultas do transfuguismo, alomenos na súa expresión máis visible (que adoita ser a menos importante, como lles pasa aos iceberg).

Abriuse o xogo das mocións de censura apoiadas por concelleiros non adscritos (transfugados), e xa levamos xa cinco: Touro, Forcarei, Carral e Fisterra para o PP, Noia para o PSdeG. O mapa político municipal afecta directamente á Deputación da Coruña, onde é probable que no 2027 as maiorías estean moi axustadas 

4. A valoración desta ampliación do mercado de mocións de censura como consecuencia da rehabilitación (parcial) do transfuguismo político, sen embargo, non pode ser apresurada nin simple. As mocións de censura permiten controlar o exercicio do poder por parte dos gobernos municipais mediante a conformación de novas maiorías, con todas as virtudes e defectos dese control sobrevido. Tamén é certo que as eivas conxénitas da democracia inaugurada no 1978 –o enorme peso das maquinarias partidistas e o desincentivo da participación política directa da cidadanía– impactan moi directamente nun ámbito, o da democracia municipal, no que as relacións políticas son menos mediadas, máis directas e, por tanto, máis proclives a mudanzas sobrevidas (cando, “ao darle un carguito, se conoce a fulanito”). 

Ainda que poda haber casos nos que a moción de censura permita cambiar a gobernantes cuxo exercicio do poder revelou a súa ineptitude ou autoritarismo (transfuguismo positivo), as negociacións das mocións de censura son susceptibles de entrar doadamente, por desgraza, no terreo proscrito do intercambio de favores e beneficios de todo tipo. Ese terreo do transfuguismo negativo é moito máis frecuente nos ámbitos institucionalmente máis febles como é o caso dos concellos; e tamén resulta máis fecundo para as forzas que ostentan máis poder institucional e están mellor conectadas co poder económico-empresarial para atraer o voto de concelleiros/as descontentos/as, especialmente cando as forzas de esquerdas están divididas e confrontadas entre sí. 

Non é casual que o maior beneficiario estea a ser o Partido Popular de Galicia. A súa dupla loita sen cuartel por recuperar a hexemonía política no Estado e consolidar a hexemonía territorial no ámbito municipal converte a doutrina da STC 134/2025 nunha ferramenta preciosa para desbloquear o mercado político municipal e gañar novas alcaldías de cara á grande confrontación de maio do 2027

5. Tal é o caso galego. No medio do mandato municipal 2025-2027, a recuperación dos dereitos políticos dos tránsfugas xa está tendo múltiples consecuencias no taboleiro municipal do noso país. Abriuse o xogo das mocións de censura apoiadas por concelleiros non adscritos (transfugados), e xa levamos xa cinco: Touro, Forcarei, Carral e Fisterra para o PP, Noia para o PSdeG. O mapa político municipal afecta directamente á Deputación da Coruña, onde é probable que no 2027 as maiorías estean moi axustadas (do mesmo xeito que xa estivo en Lugo no 2023). 

Non é casual que o maior beneficiario dunha sentenza garantista como a STC 134/2025 estea a ser, precisamente, o Partido Popular de Galicia. A súa dupla loita sen cuartel por recuperar a hexemonía política no Estado e consolidar a hexemonía territorial no ámbito municipal converte a doutrina da STC 134/2025 nunha ferramenta preciosa para desbloquear o mercado político municipal e gañar novas alcaldías de cara á grande confrontación de maio do 2027. 

Nas mans das esquerdas está evitalo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.