A patronal galega e as necesidades do país

CC-BY-SA Praza Pública

Días atrás o presidente da patronal galega (CEG), o señor J.M. Vieites, fixo unhas declaracións que pola importancia social de quen as fai, quero comentar e avaliar. 

Debullando as citadas declaracións por materias atopamos, dentro dun moi limitado e pobre discurso prepositivo dada a preocupante situación que atravesa a economía galega, que a patronal galega defende reducir os impostos “todos, precisamos unha baixada para todos, xeneralizada a cidadáns e a empresas” e moi especialmente “eliminar o Imposto sobre o Patrimonio e o de Sucesións e Doazóns”. Hai que subliñar que este mantra de baixar os impostos vai sempre unido ao dogma de que o público non crea riqueza nin valor por que so son creados polo sector privado. Un dogma que ignora a historia, o decisivo papel que o sector público tivo SEMPRE, e segue tendo (vexase o caso das GAFAM) na creación de valor e riqueza. So por ignorancia ou por mala fe se pode negar esta evidencia histórica que nos ensina ademais como en moitos casos é o sector privado quen non crea riqueza senón que o extrae -o caso dos bancos e os mercados financeiros e paradigmático-. Coa defensa dunha redución de impostos o señor Vieites se alínea cos altos directivos e executivos, bancarios e de outras empresas do IBEX35, que gañan 300 ou 400 veces mais que os seus traballadores, a pesares de crear menos riqueza e menos valor, pero que pagan moitos menos impostos e defraudan máis. Nun pais como Galicia tan necesitado de financiamento público en infraestruturas básicas e verdes, en I+D+I e formación profesional, en sanidade e ensino como se pode reclamar baixalos impostos cando ademais temos unha presión fiscal baixa?

En materia laboral a aliñamento neoliberal e claro e diáfano: “menor custo laboral, maior capacidade de contratación, maior competitividade....combater o absentismo, reducir a duración media e a prevalencia dos procesos de IT”. Para o señor Vieites a culpa do elevado desemprego é das clases traballadoras por non aceptar os salarios que lle ofertan os empresarios....tamén por que moitos traballadores prefiren non traballar e cobrar os subsidios... Resulta incrible que se manteñan estes posicionamentos nunha conxuntura laboral na que se está creando emprego como non sucedía dende facía décadas (o número de afiliados a Seguridade social en Galicia ven de superar claramente a cifra de 1,07 millóns) gracias as reformas introducidas que garantan unha maior estabilidade no emprego, unha ampliación da negociación colectiva, unha maior igualdade de xénero e que, por primeira vez en décadas, os salarios recuperan poder adquisitivo. Evidencias empíricas que tiran por terra dogmas como os que defende o presidente da patronal galega (CEG).

Hai, a pesar diso, algunhas propostas en materia empresarial que camiñan na boa dirección. Por caso “o fomento da competitividade empresarial, o impulso a industria no marco da transición verde e a dixitalización así como o fomento da formación profesional adaptada as necesidades das empresas”. Vivimos tempos decisivos en materia empresarial tales que esixen un grande impulso a actividades produtivas relacionadas, por caso, coas novas tecnoloxías, a economía verde, a industrial alimentaria, a biotecnoloxía e a farmacoloxía. Impulso que para ter éxito debe ir acompañado da necesaria formación profesional. Pero cabe ter un asunto claro: é imprescindible unha inicial actuación pública pois hai un período previo de investigación, formación e promoción que a iniciativa privada nunca atende por non obter ganancias inmediatas das mesmas. Unha iniciativa pública que debe ter un carácter emprendedor e non subsidiario.

Finalmente tamén hai que subliñar positivamente a proposta empresarial de “un acordo que garante estabilidade e moderación para asegurar o bo funcionamento da economía e o benestar social do pais”. Quedaría engadirlle ao presidente da CEG que esa proposta lla traslade a Xunta de Galicia para que esta dunha vez poña en marcha o diálogo social e recoñeza o imprescindible papel que o movemento sindical ocupa nunha estratexia de crecemento económico, creación de emprego, fomento do benestar, defensa do medio ambiente e igualdade. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.