A verdadeira idade de Cristovo Colón

Almargem ou casal onde presuntamente Cristovo Colón residiu durante 23 anos en Portugal no termo de Torres Vedras en San Pedro da Amoreira © Marcos Castro Vilas

En base aos numerosos escritos que nos deixou o mesmo Cristovo Colón e tamén ás informacións que nos achegaron os seus coñecidos, con datas e datos precisos, resulta sinxelo intentar especular ou establecer unha data precisa de nacemento para o navegante e mesmo bosquexar unha cronoloxía precisa da súa traxectoria vital

En base aos numerosos escritos que nos deixou o mesmo Cristovo Colón e tamén ás informacións que nos achegaron os seus coñecidos, con datas e datos precisos, resulta cando menos bastante sinxelo intentar especular ou establecer unha data precisa de nacemento para o xenial navegante e mesmo bosquexar unha pequena cronoloxía precisa da súa intensa e interesante, ao mesmo tempo que descoñecida, traxectoria vital. Vexamos de seguido algúns destes documentos imprescindíbeis para coñecer a enigmática vida de Cristovo Colón.

O máis importante é, sen nengunha dúbida, o documento do cronista Andrés Bernáldez que afirma que Colón finou arredor dos 70 anos de idade, o cal nos leva a fixar unha data de nacemento de Colón arredor do ano 1435:

"Andrés Bernáldez, Cura de la villa de Los Palacios (Sevilla), en sus Memorias del Reinado de los Reyes Católicos nos dejó la única nota necrológica sobre el fallecimiento del Almirante". 

"El cual dicho Almirante don Cristóbal Colón, de maravillosa e honrada memoria (…), estando en Valladolid el año de mil quinientos seis, en el mes de mayo, murió inventor de las Indias de edad de setenta años: Dios le ponga en Gloria".

Outro dato importante referente a súa vida aparece nas tres versións da carta de Xamaica e máis en dous memoriais de Colón, e di así:

"Como quyera que desde hedad de veynte e ocho años syrvió en la dicha empresa e conquista de dichas Yndias".

"E de todo lo susodicho le mandaron dar sus cartas e prevylegios e provysiones y confirmaçiones de que faze presentaçión y Como quyera que desde hedad de veynte e ocho años syrvió en la dicha empresa e conquista de dichas Yndias en que fizo a vuestra Alteza tan grande e señalado serviçio sin gasto de su patrimonio real".

Quérenos sinalar con isto que á idade de 28 anos, máis ou menos, comezou o seu labor investigador e a adicarse en corpo e alma ao proxecto descubridor, é dicir, Cristovo Colón trasladouse a Portugal arredor do ano 1460 cando tiña 25 anos de idade.

Outro texto salientábel e fundamental que nos indica o tempo que Colón residiu de forma estable en Portugal preparando o seu proxecto investigador e coñecendo en profundidade mediante a navegación o océano Atlántico é o seguinte:

"Yo he andado veintitrés años en la mar, sin salir della tiempo que se haya de contar, y vi todo el Levante y Poniente, que dice por ir al camino de Septentrión, que es Inglaterra, y he andado la Guinea". (Diario de Abordo Primer Viaje 21 de Diciembre 1492).

É dicir, dende 1460 ata 1483, ou ben dende 1462 ata 1485, Colón reside de maneira estable en Portugal, durante alomenos 23 anos, e navega con certa frecuencia á Guinea e a Thule. Pola contra da súa estancia en Castela intentando vender o seu proxecto descubridor aos Reis Católicos dan conta os seguintes documentos:

"Señores: Ya son diez y siete años que yo vine á servir estos Príncipes con la impresa de las Yndias: los ocho fuí traído en disputas, y en fin se dio mi aviso por cosa de burla". (Folla solta en papel a man do Almirante escrita por volta de 1500 cando o trouxeron preso), (9 anos dende 1483 e 8 anos dende 1492).

"Siete años, dice, pasó aquí en su Real Corte disputando el caso con tantas personas de tanta autoridad y sabios en todas artes, y en fin concluyeron que todo era vano, y se desistieron con esto dello: después paró en lo que Jesucristo Nuestro Redentor dijo". Fai alusión ó lapso de tempo comprendido entre 1485-1492

"20 años que he servido con tantos trabajos y peligros que no tengo en Castilla ni una teja"

A carta está datada no ano 1503, é dicir, Colón entrou en Castela no ano 1483.

Cristovo Colón descubriu América ós 56 anos de idade, en plena madurez e con tempo suficiente para elaborar un proxecto de tal envergadura que lle permitiu acadar un profundo bagaxe cultural, intelectual e marítimo que amosou nos seus numerosos escritos

Para finalmente facer un resumo de toda a súa actividade descubridora durante máis de 40 anos no seguinte texto, unha carta aos Reis de Castela escrita en Cádiz ou en Sevilla no ano de 1501:

"Muy altos Reyes: De muy pequeña edad entré en la mar navegando, e lo he continuado fasta hoy. La mesma arte inclina á quien le prosigue á desear de saber los secretos deste mundo. Ya pasan de cuarenta años que yo voy en este uso. Todo lo que fasta hoy se navega, todo lo he andado". 

Isto retrotráenos ó ano 1460, cando Cristovo Colón chegou a Portugal con 25 anos e comezou os seus estudos investigadores para preparar o proxecto colombino que o faría mundialmente famoso. Cristovo Colón descubriu América ós 56 anos de idade, en plena madurez e con tempo suficiente para elaborar un proxecto de tal envergadura que lle permitiu acadar un profundo bagaxe cultural, intelectual e marítimo que amosou nos seus numerosos escritos. Non foi, nin moito menos, unha cousa improvisada de un día para outro, Cristovo Colón tivo tempo en Portugal de coñecer con fondura tódolos segredos do Atlántico.

Cristovo Colón naceu no ano 1435 nun lugar agora xa ben determinado da Galiza e tras rematar os seus estudos "universitarios" en Santo Domingo de Bonaval foise a traballar a Portugal, onde residía a elite náutica de finais da Idade Media en Europa

Xa que logo podemos elaborar un resumo da traxectoria vital do noso protagonista. Cristovo Colón naceu no ano 1435 nun lugar agora xa ben determinado da Galiza e tras rematar os seus estudos "universitarios" en Santo Domingo de Bonaval foise a traballar a Portugal, onde residía a elite náutica de finais da Idade Media en Europa. A Portugal chega no ano 1460, cando tiña 25 anos. No ano 1462 únese o seu irmán Bartolomeo Colón (nado en 1437 e dous anos máis novo que o propio Cristovo Colón), por aquel entón Colón tiña 28 anos e o seu irmán 25 anos. Xuntos deciden arrendar en 1462 un pequeno almargem, un alpendre cun prado nunha veiga e cuns poucos animais, no chamado Vale dos Poços en Torres Vedras e preto da quinta onde residía a súa muller Felipa Moniz, a nome dun tal Joham Louzam (cunha grafía claramente castelá). 

Dende 1462 ata 1483 ou 1485 Cristovo Colón e o seu irmán residen de forma estable en Portugal, intentando embarcarse en calquera proxecto de navegación previsto no Atlántico a custa de mesturarse coa florinata exploradora portuguesa que posuían as súas fermosas quintas de lecer e esparcimento no soveral termo de Torres Vedras. Durante estes 20 anos ou 23 anos Cristovo Colón adquire tódolos coñecementos náuticos sobre a navegación no océano Atlántico, navegando con asiduidade á Guinea e ao Septentrión. Porén ó ser incapaz de convencer ó rei de Portugal por razóns obvias, decide entrar en Castela no ano 1483-1485 coa intención de probar sorte e vender a súa empresa descubridora aos Reis Católicos máis ocupados na conquista de Granada. 

Durante 20 ou 23 anos Colón adquire tódolos coñecementos náuticos sobre a navegación no océano Atlántico, navegando con asiduidade á Guinea e ao Septentrión. Porén, ó ser incapaz de convencer ó rei de Portugal decide entrar en Castela no ano 1483-1485 coa intención de probar sorte e vender a súa empresa descubridora aos Reis Católicos

Son nove anos de continua disputa e desgaste ata o ano de 1492 en que descobre América á idade de 56-57 anos, despois de atesourar unha fonda experiencia náutica e cartográfica sobre o Atlántico. Así e todo, en 1490 cando mellora sustancialmente a súa posición económica e social en Castela adquire para si, e como é debido, un casal de pan e viño no Termo de Torres Vedras no mesmo lugar inicial onde alquilaran aquel pequeno almargem portugués pola volta de 1462, do mesmo xeito que o resto de familias ilustres de navegantes e exploradores portugueses do termo de Torres Vedras como eran os Correia, Moniz, Melo, Vaz Teixeira, Perestrello, Alarcao ou Zarco. 

Cristovo Colón faleceu en Valladolid en 1506 á idade de 70-71 anos tal e como nolo trasladou o cura dos Palacios, Andrés Bernáldez.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.