Casa da xuventude en Ourense, o novo Comunismo

Espazo Lusquiños de Ourense ©

A semana pasada o rexedor insinuaba que o Espazo Lusquiños está pechado porque non podemos ofertar servizos a toda a cidadanía, e temos que priorizar onde se gastan eses cartos. Ou sexa, que hai unha alternativa na mesa que vén a ser privatizalo: darlle un espazo financiado publicamente, para ser aproveitado por unha empresa

Complicados tempos que ten que vivir a mocidade da cidade de Ourense na actualidade. Ter entre 12 e 25 anos, implica que o teu lecer é escaso ou practicamente nulo (sen pagar). Hai orquestras si, pero só hai orquestras. Todo o demais, terá que ser case na clandestinidade e sen apenas medios: as batallas de rap que vos xuntades na explanada do Auditorio (agardando que non chova), partidas de Magic no Júpiter, partidas de videoxogos en Xogón… Estas dúas últimas, co compromiso de empresarias que levan toda a vida dinamizando parte da cidade con cero apoios da Administración. É máis “romanticismo” o que se respira nos seus locais, abertos ao público, que un negocio que reporte miles de euros…

E, estes 5 últimos anos da “tiranía Jacomiana”, veñen acompañados da falta de espazos para socializar nunha cidade pioneira no Estado español en canto á educación social con mozas e mozos. A Casa da Xuventude é descoñecida para as menores de 20 anos e o Espazo Lusquiños, apenas foi empregado durante 5-6 anos e leva pechado outros tantos.

Imaxe de arquivo dunha das mobilizacións en favor da Casa da Xuventude Dominio Público Praza Pública

É importante recordarlle á cidadanía e, contarlle á nosa mocidade, que os espazos públicos SON NOSOS. Que basta de criticar o voso lecer e basta xa de condescendencia. Tedes opinión e tedes instalacións á vosa disposición para organizar todo aquilo que queirades

Pois ben, a semana pasada, o actual rexedor do Concello de Ourense, insinuaba que o Espazo Lusquiños está pechado porque non podemos ofertar servizos a toda a cidadanía, e temos que priorizar onde se gastan eses cartos (por exemplo, en asesores non cualificados). Ou sexa, que hai unha alternativa na mesa que vén a ser privatizalo: darlle un espazos financiado publicamente, para ser aproveitado por unha empresa. 

A min súrxenme varias dúbidas: As actividades que poden organizarse, serán de balde ou de pago? Poderá a xuventude crear e empregar os espazos naquelas actividades que desexen? Os medios que alí existen, quen pode usalos? Será unha coxestión ou unha xestión paternalista na que só manda a empresa e o Alcalde que traza as liñas de que facer e como? 

O que ten pinta é que non será para facer ás usuarias parte activa do proceso, iso seguro.

É importante recordarlle á cidadanía e, contarlle á nosa mocidade, que os espazos públicos SON NOSOS. Que basta de criticar o voso lecer e basta xa de condescendencia. Tedes opinión e tedes instalacións á vosa disposición para organizar todo aquilo que queirades.

Aquí en Ourense, nos oitenta, máis de 300 persoas pisaban a diario a Casa da Xuventude. Unha época de gran transcendencia política e movilizacións sociais. Nos noventa, novas xeracións aficionábanse á música e ao cine coa chegada dos primeiros cedés e coa posibilidade de levalos a casa

Aquí en Ourense, nos oitenta, máis de 300 persoas pisaban a diario a Casa da Xuventude de Celso Emilio Ferreiro. Unha época de gran transcendencia política e movilizacións sociais. Nos noventa, novas xeracións aficionábanse á música e ao cine coa chegada dos primeiros cd´s e coa posibilidade de levalos a casa. Polideportivo que os sábados congregaba centos de rapaces para xogar unha das “ligas internas” máis intensas da provincia. E así con cómics, banda deseñada, teatro, xogos de cartas, de rol… a clave estaba en que a mocidade propoñía, e a Administración e técnicas acompañaban nese proceso, dando recursos e aportando na xestión da actividade. Un exemplo de coxestión no que a mocidade tiña un espazo propio que, casualmente, sempre chamou a súa “casa”.

Estimadas políticas: non falemos da mocidade sen a mocidade. E non só con aquela que é afín aos nosos gustos

Con todo isto, cometo o erro de falar pola mocidade. O erro de sempre!! Eu podo falar da historia, pero non por quen ten 20 anos. Correspóndelle a esta persoa. Ten espazos para facelo?

Estimadas políticas: non falemos da mocidade sen a mocidade. E non só con aquela que é afín aos nosos gustos. Existen grupos informais, colectivos minoritarios que non participan nos nosos círculos…e que incluso non votan. Temos que chegar a estas persoas e que opinen, que desenvolvan as súas ideas, que vivan Ourense como súa!

Nós defendemos que teñan recursos e espazos. Defendamos os seus dereitos. Que sexan mocidade durante moito moito tempo!

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.