Manda carallo, un xuíz que condena os sentimentos relixiosos

CC-BY-SA EDN

Con motivo do procesameento de Willy Toledo por parte do xulgado de instrución número 11 de Madrid.

O xuíz considera un delito contra os sentimentos relixiosos , a raíz dunha demanda formulada pola Asociación de Avogados Cristiáns. Todo isto prodúcese nun momento no que a pederastia de sacerdotes e bispos encubriron. Poñémosnos/Poñémonos moi sensibles e alterados por expresións e xestos que non deixan de ser iso, expresións e xestos.

Volvo insistir en que estas expresións e outras, xunto a xestos e escenificacións, entran no mundo da liberdade de expresión, que podemos considerar ás veces como ferintes e de mal gusto e de falta de respecto.

O propio xuíz deste xulgado atenta contra os sentimentos relixiosos porque castiga e abre un proceso en nome dun Deus que perdoa. De modo que se atenta contra o sentimento relixioso do perdón e a reconciliación: iso si son sentimentos relixiosos; mentres que a vinganza, o rancor e o odio si atentan contra os sentimentos relixiosos. A propia Asociación de Avogados Cristiáns atenta coas súas demandas o sentimento relixioso da reconciliación e o perdón.

EU POÑERÍA :

Unha demanda contra o Goberno español de José María Aznar por apoiar e participar na guerra de Iraq por atentar contra o sentimento relixioso da paz.

Eu poría unha demanda por atentar contra os sentimentos relixiosos cada vez que por unha demanda dunha entidade financeira se desafiuzase a unha familia

Unha demanda por atentar contra os sentimentos relixiosos cada vez que por unha demanda dunha entidade financeira se desafiuzase a unha familia. Botar á rúa a unha familia é ir contra os sentimentos relixiosos porque hai que defender ás familias, aos menores e aos nosos maiores foron desafiuzados pola inhumanidade social, a indiferenza e a complicidade xudicial, sen aplicar o protocolo de avisar aos servizos sociais ante unha situación de vulnerabilidade. Botar á rúa ,é atentar contra os sentimentos relixiosos.

Unha demanda por atentar contra os sentimentos relixiosos por baixar as pensións ou non establecer pensións dignas. Non permitir que os nosos maiores teña un final digno nas súas vidas é atentar contra os sentimentos relixiosos. Cada vez que se di que os nosos maiores son un problema e un estorbo para o sistema financeiro e produtivo é atentar contra os sentimentos relixiosos.

Xuíces, xuízas e fiscalía: un sentimento relixioso no ámbito cristián, non entro noutros credos, é algo profundo e fondo que che conmove porque está relacionado coa xustiza, a liberdade, a paz, a tolerancia, o encontro, o diálogo, a solidariedade, o perdón, a reconciliación, a tenrura, a amizade, a bondade, a esperanza, en definitiva, todos eses valores que están recollidos na Boa Noticia de Jesús de Nazaret (Evanxeos) e na Doutrina Social da Igrexa, valores que podemos compartir con persoas doutros credos e humanismos.

E cando estes sentimentos relixiosos se conmocionan é porque se atenta contra eles a través do racismo, a xenofobia, a aporofobia (rexeitamento do pobre), o fomento das guerras, o saqueo dos recursos naturais doutros países, a usura das entidades financeiras, o traballo escravo ou en condicións indignas, como poden ser a precariedade, o salario inxusto e o mal trato, a discriminación, a violencia contra as mulleres, os asasinatos...

Cando fomentamos un sistema baseado na concentración das riquezas e o poder, como é o sistema capitalista, é atentar contra os sentimentos relixiosos porque é un sistema, como di o Papa Francisco, que mata e asasina


Miren, cando destruímos o planeta e as nosas contornas naturais atentamos contra os sentimentos relixiosos porque se destrúe a creación. Cando fomentamos un sistema baseado na concentración das riquezas e o poder, como é o sistema capitalista, é atentar contra os sentimentos relixiosos porque é un sistema, como di o Papa Francisco, que mata e asasina. Cando manipulamos a información e mentimos nos medios de comunicación é atentar contra os sentimentos relixiosos porque van en contra da verdade.

Vostedes son conscientes que a Lei Mordaza vai en contra dos sentimentos relixiosos porque reprime ás persoas para que non se manifesten e protesten? Vender armas é atentar contra os sentimentos relixiosos porque hai que construír a paz, non destruíla. Rexeitar aos refuxiados e inmigrantes, utilizar as devolucións en quente é atentar contra os sentimentos relixiosos porque defendemos a acolleita e a hospitalidade.

Ídesme permitir un último exemplo: que vaia unha muller a denunciar por ameazas da súa ex-parella e non se lle faga caso e como consecuencia son asasinadas as súas dúas fillas é atentar contra o sentimento relixiosos porque non se protexe ao máis vulnerable e indefenso. Volvo insistir: os expresións e xestos, aínda que sexan mofa e burlas que non nos fan ningunha graza, pero que ningunha, non é atentar contra o sentimento relixioso. Atentar contra o sentimento relixioso é atentar contra a dignidade humana, contra os Dereitos Humanos.

Os expresións e xestos, aínda que sexan mofa e burlas que non nos fan ningunha graza, pero que ningunha, non é atentar contra o sentimento relixioso. Atentar contra o sentimento relixioso é atentar contra a dignidade humana, contra os Dereitos Humanos

Cando o sistema xudicial na época franquista condenaba a morte á xente ou os encarceraban, aínda que tivesen o crucifixo na mesa e o apoio da xerarquía era atentar contra os sentimentos relixiosos porque se vulneraba o principio de non matarás e non farás dano. Por certo, vostedes son conscientes que o propio Xesús de Nazaret foi acusado de blasfemo, de atentar contra os sentimentos relixiosos do xudaísmo e foi un detonante na sentenza da súa condena a matar? Se len os Evanxeos, verán moitas acusacións deste tipo a Xesús e os seus seguidores.

Espero que lles axudase este artigo a discernir o que é un sentimento relixioso, sempre vinculado á xustiza, á vida, a dignidade humana e á defensa da natureza e o que non é. Con este procesamento e outros fan dano á xudicatura, á propia Igrexa, si á propia Igrexa e promove a hipocrosía, o fariseísmo e o nacionalcatolicismo, que tanto dano fixo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.