En God’s Own Country (Tierra de Dios na dobraxe), un romanés recén chegado mira para a fondura da paisaxe e comenta: Isto é precioso, pero moi illado.
Estoutro de noso é paradisíaco e desolado.
Din as persoas de alí que nunca foran tan ben retratadas
O director usa a cámara como unha perforadora, da realidade, para dentro da terra, das casas, do termo da cociña, da barra de cobre, dos cuartos, das mantas que non poden dar calor, das portas que apenas tornan, dos xergóns que cercan os eidos, dos lousados que non amparan. Suspéndese nos rostros, nos torsos, nas árbores, na atmosfera. Unha hipnose. Vai rompendo o velo e facéndoo, explica. Creo que é iso.
Din as persoas de alí, que nunca foran tan ben retratadas. Pasa para dentro, traspasa o hermetismo e imos comprendendo un pouco.