Prezado Sr. Presidente,

CC-BY-SA Praza.gal

Prezado Sr. Presidente,

Tiven responsabilidades políticas como Concelleira no Concello de Santiago (2015_2019). Tamén vivimos o insulto e ataque diario dos xornais locais. Será por iso, que a súa carta tocoume emocional e civicamente

Escribo esta carta en resposta á que estes días recibín da súa parte. Non teño o gusto de coñecelo, pero adiántolle que ten todo o meu respecto, porque recoñezo a súa valentía, decencia e elegancia. Tiven responsabilidades políticas como Concelleira no Concello de Santiago de Compostela (2015_2019) pero non tiven a sorte de coincidir con vostede como Presidente. Naquela altura, sufrimos os Gobernos de Rajoy no Estado e de Feijóo na Xunta de Galicia. Tamén vivimos o insulto e ataque diario dos xornais locais. Será por iso, que a súa carta tocoume emocional e civicamente. 

Sinto empatía coa situación que soporta vostede e a súa familia. Teño pensado moitas veces que podían estar en perigo, porque son psicóloga social sei como funcionan os procesos de polarización social e deshumanización e as súas consecuencias na vida das persoas e o dano nos sistemas democráticos. Comprendo a súa preocupación e desacougo e que se pregunte (e nos pregunte) se paga a pena tanto sufrimento, se podemos soportar eticamente tanta violencia política. So os canallas e sociopátas son incapaces de empatizar con esta preocupación, tan humana. Quizais porque nunca sentiron o amor. 

Como cidadá consciente creo que non podemos permitir que persoas sen escrúpulos nin ética gañen e ocupen o espazo público. Infelizmente en Galiza temos demasiada experiencia, Feijóo chegou á Xunta difamando ao Presidente Touriño e ao Vicepresidente Quintana e sacou do medio, coa colaboración xudicial, ao candidato Besteiro

Pero como cidadá consciente creo que non podemos permitir que persoas sen escrúpulos nin ética gañen e ocupen o espazo público. Infelizmente en Galiza temos demasiada experiencia, Feijóo chegou á Xunta difamando ao Presidente Touriño e ao Vicepresidente Quintana e sacou do medio, coa colaboración xudicial, ao candidato Besteiro. Antes fixérono con Zapatero e despois viñeron Victoria Rosell, Pablo Iglesias, Mónica Oltra, Irene Montero, Jordi Sánchez, Jordi Cuixart… Agora como antes non aceptan os resultados electorais e a pluralidade política, aprópianse das institucións para defender intereses propios mentres recortan dereitos cívicos, sempre coa necesaria colaboración dos poderes económico-mediáticos e xudiciais. 

Creo que a xente decente e demócrata, independentemente da opción de voto, temos a obriga moral e política de reflexionar criticamente e saír a defender as institucións e practicar a democracia, non permitindo que a “máquina de fango” cubra de bulos e lixo a praza pública e degrade o nobre e necesario oficio da política. Porque non, non todas somos iguais.

Por iso, escribo, Sr. Presidente, para pedir humildemente que se coide e coide dos seus e acumule a forza necesaria para resistir e continuar para facer os cambios necesarios para limpeza e rexeneración democrática. Por nós e polos nosos fillos e fillas, que teñen que ter exemplos de coidado, resiliencia e dignidade. Demostrar que outra forma de estar e facer política é posible. É necesario.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.