Eu soíño, sen axuda, inventei unha teoría da conspiración para explicar aquel conflito ou micro-guerra con Marrocos pola ridícula insua de Perejil, 2002
Eu soíño, sen axuda, inventei unha teoría da conspiración para explicar aquel conflito ou micro-guerra con Marrocos pola ridícula insua de Perejil, 2002.
En economía, fartos estamos de lelo, cando vai ben a micro, a macroeconomía fai graves vías de auga; e viceversa. Naquel momento, igual que en calquera outro, algunha economía ía mal e ameazaba agravarse. A carón diso, dous dos parámetros da felicidade popular da nación española naufragaron de cheo.
Por primeira vez escollían en votación democrática («Operación Triunfo», se lembro ben) o candidato ao festival da Eurovisión: pensaban todos que a democracia aseguraba o triunfo da tal operación, nada podía saír mal. Quedaron sétimos. Poño quedaron porque eu baixo ningún concepto me vexo implicado nin representado nun certame que xulgo perfectamente irrelevante.
Este conxunto de sucesos era motivo explícito para a caída da moral colectiva ao seu nivel máis denigrante. Depresión social. Abatemento e prostración. Coas eleccións pairando, ameazantes, para setembro. Algo habería que facerlle. Só a aparición providencial dun inimigo común, estranxeiro, que fusionase vontades, valentías e orgullo, podía solucionarlle o negocio ao goberno Aznar
Así e todo, perante a figuración popular a importancia da Eurovisión é cero comparada co Mundial de Fútbol –eu a este confírolle idéntica transcendencia, non ao Mundial, ao fútbol; seica é un irresolúbel problema meu–. O que eles chaman «España», isto é, a selección española foi eliminada nos cuartos de final, culpa, como é habitual, do árbitro.
Este conxunto de sucesos era motivo explícito para a caída da moral colectiva ao seu nivel máis denigrante. Depresión social. Abatemento e prostración. Coas eleccións pairando, ameazantes, para setembro.
Algo habería que facerlle.
Só a aparición providencial dun inimigo común, estranxeiro, que fusionase vontades, valentías e orgullo, podía solucionarlle o negocio ao goberno Aznar.
Para tal conseguir, cabía algo distinto a unha conspiración?