A relación entre os procesos de exclusión social e sufrimento psíquico é estreita e bidireccional: a enfermidade mental, particularmente se ten un curso prolongado, pode actuar como factor desencadenante ou reforzar un proceso de exclusión e viceversa. A combinación de situacións permanentes de exclusión e enfermidade mental severa coloca a quenes as padecen en situacións límite, que retroalimentan ambos procesos. É a pescadilla que morde a cola: quen padece un trastorno mental severo é moi posible que sufra de diferentes formas de exclusión, á vez que as persoas en situación de exclusión social por calquer outro motivo, se ven sometidas a tal presión que é fácil que o sufrimento psíquico e a enfermidade mental afloren.
A relación entre os procesos de exclusión social e sufrimento psíquico é estreita e bidireccional: a enfermidade mental, particularmente se ten un curso prolongado, pode actuar como factor desencadenante ou reforzar un proceso de exclusión e viceversa
As persoas incluídas socialmente tendemos a estar xordas, mudas e cegas ante esta realidade que vivimos como allea, entre o distanciamento que permite o “ a min non me vai pasar” e o nihilismo do “non hai nada que lle facer, sempre houbo pobres, sempre houbo enfermos e sempre os haberá”. O modelo social que impera tende a individualizar o sufrimento psíquico e a simplificalo cun bioloxicismo que aterra: se tes unha enfermidade mental é porque o teu cerebro ten un desequilibrio químico, e se é así, a única cura é tomar un tratamento de por vida. Sen negar a importancia da consideración biolóxica no sufrimento psíquico e recoñecendo a grande utilidade dos psicofármacos, esta visión simplista deixa ao suxeito desprovisto de capacidade de acción e reacción, como un suxeito pasivo sumido na impotencia do “non hai nada que eu poida facer con isto”. Esta forma de simplificar a cuestión favorece ás grandes corporacións farmacéuticas e domestica as almas das persoas que sufren, que en moitos casos, traen consigo grandes leccións de disidencia e rebelión ante o modelo establecido. Compre calar estas voces. A mellor forma de acalar a disidencia nesta sociedade é a exclusión laboral e por conseguinte, económica. Entre un 80 e un 90% das persoas diagnosticadas cun Trastorno Mental Severo están excluídas do mercado laboral. Isto acontece nunha sociedade na que semella que o traballo é a única forma válida de participación social. Para máis inri, sen traballo as persoas con sufrimento psíquico descúbrense cobrando unha pensión non contributiva, incapaces de soster económicamente unha vida autónoma, obligados a permanecer como fillos que en moitos casos non poden emprender o vo lonxe da familia, dependentes por tanto. Nunha sociedade onde a pertenza a dá a capacidade de contratar, sinónimo neste momento de consumir: onde TER é sinónimo de SER e quen non ten, non é. Se sumamos a este cótail a estigmatización que soporta o colectivo atopámonos ante a receita perfecta para que o sufrimento psíquico cristalice como forma de exclusión social e de pobreza.
O sufrimento psíquico non é unha cuestión individual por máis que o capitalismo nos queira illados. Criticamos a visión capitalista do sufrimento psíquico na que a persona que sufre é a única culpable da súa situación e se atopa solo ante dito sufrimento
O sufrimento psíquico non é unha cuestión individual por máis que o capitalismo nos queira illados. Criticamos a visión capitalista do sufrimento psíquico na que a persona que sufre é a única culpable da súa situación e se atopa solo ante dito sufrimento. Máis aló dos factores biolóxicos, sábese que os factores psicosociais inflúen de maneira moi significativa na aparición dos trastornos mentais. Sábese que os que pertencen a un estrato social baixo teñen o doble de risco para enfermar que aqueles nas franxas intermedias. Sábese que o acceso á sanidade sigue sendo desigual e non universal no noso país e iso repercute en que os máis pobres teñan menos chances de recibir a atención que precisan no caso de enfermar. Sábese que quenes pasan por un proceso de migración e tamén os inmigrantes de segunda xeración teñen maior prevalencia de Trastornos Psicóticos ao longo da vida. O mesmo acontece coas persoas racializadas, co colectivo LGTBI, coas víctimas de violencia machista e trata de persoas, así coma outros colectivos sometidos a procesos de exclusión, estigmatización e abuso de poder. Comprobouse que o risco de exclusión social dos pacientes con conductas de adicción a drogas se agrava cando concorren coun trastorno mental. Sabemos todo isto pero parece non importarnos. Cando alguén padece sufrimento psíquico semella que éste aparecera por xeración espontánea, nunha persoa que coma unha illa está desprovista de contexto, cando a evidencia científica nos informa xusto do contrario: o contexto social importa é moito nesta cuestión do sufrimento psíquico. Cando alguén vive na pobreza, carece dun fogar, ten francas dificultades para chegar a fin de mes, ou é desafiuzada… a posibilidade de que a situación se veña a complicar pola aparición dunha depresión, unha adicción ou un trastorno psicótico (entre outros) aumenta, retroalimentando esta roda de miseria que vincula pobreza, exclusión social e enfermidade mental.
O activismo contra a pobreza é activismo a favor da saúde da sociedade en xeral e da saúde mental e física dos seus individuos
Por iso no día da saúde mental, no queríamos deixar pasar a oportunidade de recalcar que a loita en contra da desigualdade social e a promoción dos dereitos das persoas son algo máis que loitas, tamén teñen a súa función de promoción da saúde mental e prevención do malestar psíquico que avanza galopante nestes tempos. O activismo contra a pobreza é activismo a favor da saúde da sociedade en xeral e da saúde mental e física dos seus individuos.