Un futuro por inventar

Federico Mayor Zaragoza CC-BY-SA Universidad Internacional de Andalucía

Confeso que non sei por que D. Federico Mayor Zaragoza non é, a éstas alturas, Premio Nobel da Paz. Ten méritos sobrados, desde logo moitos máis que algúns que non citarei e que recibiron o galardón en Oslo sen merecelo

Confeso que non sei por que D. Federico Mayor Zaragoza non é, a éstas alturas, Premio Nobel da Paz. Ten méritos sobrados, desde logo moitos máis que algúns que non citarei e que recibiron o galardón en Oslo sen merecelo. O profesor Mayor ten 88 anos de extraordinarias experiencias, de pensamento, de coñecemento, de acción, como científico, investigador, educador, político, e desde 1978 ate 1981, unha colosal actividade na UNESCO, como él a denomina, a intelectualidade das Nacións Unidas, primeiro como Director Xeral Adxunto e logo, desde 1987 ate 1999, dous mandatos completos, xa como Director Xeral, quizáis o periodo máis acertado e inspirador da institución internacional ocupada da educación, a ciencia e a cultura con sede en París.

Coñecino persoalmente no ano 2000, xa como Presidente da Fundación Cultura de Paz, e desde aquela mantemos unha colaboración e amizade que teño que recoñecer foi decisiva na miña propia formación como mestre e como educador para a paz.

Mayor Zaragoza foi co- presidente do Grupo de Alto Nivel para a Alianza das Civilizacións. E desde 2010 ate o 2017 presidíu a Comisión Internacional contra da Pena de Morte. 

Federico Mayor Zaragoza CC-BY-SA Universidad de La Rioja

As súas achegas no marco da UNESCO e das Nacións Unidas, especialmente en Educación e na Cultura da Paz foron decisivas e deron lugar a Declaracións Internacionais e Plans de Acción

Durante todo este tempo ten publicado innumerábeis ensaios (Un mundo nuevo, Los nudos gordianos, Mañana siempre es tarde, La nueva página, Memoria del Futuro, La palabra y la espada, La fuerza de la palabra, Tiempo de acción, Delito de silencio), poemarios (A contraviento, Aguafuertes, El fuego y la esperanza, Terral, Alzaré mi voz, En pié de paz), e un sinfín de artigos en revistas especializadas de carácter científico ou en en prensa.

Participou ademáis en reunións cos principais líderes mundiais e tivo un papel activo como mediador de conflictos armados, como é o caso do Salvador. Por el sei historias e anécdotas incribles, algunhas as conta neste libro e non debo eu destripalas aquí.

As súas achegas no marco da UNESCO e das Nacións Unidas, especialmente en Educación e na Cultura da Paz foron decisivas e deron lugar a Declaracións Internacionais e Plans de Acción de plena vixencia e influencia, moitas delas inesperadas.

Qué máis se pode pedir, quén ten máis méritos acreditados, para cándo unha proposta de candidatura oficial desde os ámbitos políticos, académicos, da sociedade civil?. Desde o meu humilde parecer, xa está tardando de máis.

Dito o anterior, que se non o facía público, rebentaba, quero agora referirme ó seu último libro publicado, Inventar el futuro, editado por Ánfora Nova, que veño de rematar.

Trátase dunha obra colosal, enciclopédica, case 600 páxinas con varios e moi interesantes anexos, e un Prólogo de Ingeborg Breines, ex directora da UNESCO e co presidenta do International Peace Bureau, sobre a que xa teño escrito recentemente o artigo “Cultivemos a paz”.

Abre o profesor Mayor o seu último libro cun poema de Miquel Martí i Pol a quen cita moi frecuentemente, “Xa nada teño, só a voz... pero a nosa misión é falar...” e D. Federico fala, fala moito e ben, nun texto que usarei como libro de cabeceira, un asideiro ó que percorrer, en tempos de zozobra e incertidume, sempre a carón, moi a man, para buscar a luz que disipe as negras sombras. 

Conferencia de Federico Mayor Zaragoza nunha ateigada sesión do Ateneo de Santiago CC-BY-SA Praza Pública

Reitera o profesor Mayor as súas prioridades hoxe no planeta: alimentación, acceso á auga potable, saúde, medio ambiente, educación e paz, todo, baixo unhas Nacións Unidas refundadas

E remata o libro cuns versos de Joan Maragall, do seu Canto Espiritual “... e cando se pechen estes ollos humanos, ábrame Señor, outros maiores...”. Entrambos textos, moitas horas de reflexións, experiencias, publicacións, citas, ilustracións, unha enorme panorámica sobre os dereitos humanos e a democracia, o multilateralismo democrático para a gobernanza axeitada a escala global, educación, cultura da paz e  nonviolencia, muller e xuventude, o novo concepto de seguridade, traballo e estilo de vida, a nova era, por fin, a palabra...nosoutros os pobos.

Reitera o profesor Mayor as súas prioridades hoxe no planeta: alimentación, acceso á auga potable, saúde, medio ambiente, educación e paz, todo, baixo unhas Nacións Unidas refundadas, representativas, con participación da sociedade civil, sen vetos e con voto ponderado, e dous Consellos de Seguridade adicionais, o Socioeconómico e o Medioambiental, e coa inmediata desaparición dos paraísos fiscais.

Lembra, entre outros, a catro grandes referentes: Santiago Ramón y Cajal, Rosa Parks, Nelson Mandela e Mikhail S. Gorbachev sobre os que volve repetidamente para buscar inspiración

Lembra, entre outros, a catro grandes referentes: Santiago Ramón y Cajal, Rosa Parks, Nelson Mandela e Mikhail S. Gorbachev sobre os que volve repetidamente para buscar inspiración. E sempre as citas, extraordinarias todas, magníficas, como por exemplo, Camus: “Os desprezo porque podendo facer tanto, atrevéronse a tan pouco”; Amin Maalouf: “Situacións sen precedentes requiren solucións sen precedentes”; a Carta das Nacións Unidas: “Nosoutros os pobos... resolvemos evitar ás xeracións vindeiras o horror da guerra”; Einstein: O mundo é perigoso de vivir, non tanto a causa daqueles que fan o mal, senón a causa daqueles que miran e deixan facer”; Quevedo: “Non hei de calar, por máis que co dedo, xa tocando a boca, ou xa a fronte, silencio avises ou ameaces medo”; Jesús Massip: “As horas volverán, e nos atoparán, instalados e dóciles”; Edmund Burke: “Qué pena que pensando que podes facer pouco, non fagas nada!”, por citar algunhas das que máis gosto e que teño usado moito.

E dúas máis, unha para explicar o que él entende por educar: “A Educación é aprender a dirixir con sentido a propia vida” dicía D. Francisco Giner de los Ríos a quen tanto admira e, para rematar, exemplo de vida, como establece a Carta da Terra, “ser cidadáns do mundo é com-partir, com-padecer, con- vivir e des-vivirse polos demáis”, así é, D. Federico Mayor Zaragoza, exemplo de pasado, presente e de futuro, xenerosidade, ese futuro por inventar. 

Grazas Mestre, un millón de grazas. 

Para cándo o Nobel da Paz?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.