Violencia nas gradas, temos solución?

Raquel, árbitra de 13 anos que denunciou "acoso" nun partido, le un manifesto en Riazor contra o odio © LaLiga

Hai moitas opcións. Por unha banda, as propostas educativas que van a ser máis lentas e requiren de continuidade por parte de Administracións, Federacións e Clubs ou, as opcións sancionadoras, que funcionan bastante rápido e virían a ser pechar os campos ao público. As primeiras aseguran o éxito. As segundas, non aseguran o obxectivo final: disfrutar do deporte coma espectadoras

Si, hai solución. De feito, hai moitas opcións. Por unha banda, as propostas educativas que van a ser máis lentas e requiren de continuidade por parte de Administracións, Federacións e Clubs ou, as opcións sancionadoras, que funcionan bastante rápido e virían a ser pechar os campos ao público. As primeiras aseguran o éxito. As segundas, non aseguran o obxectivo final: disfrutar do deporte coma espectadoras. Polo tanto, a pregunta é sinxela: cal é a que escollemos?

Temos moitos precedentes para a reflexión, pero tocamos fondo cando a semana pasada, cubrimos redes sociais con comunicados e mensaxes, debido á morte de Andrés Rico, avó dun árbitro de balonmán de 14 anos. Analizando as diversas opinións e reflexións, poucas propostas de “acción” (ou ningunha) houbo para que non se repetise esta situación.

Días antes do fatal desenlace, e no fútbol profesional, o capitán do Athletic de Bilbao explicaba nunha entrevista como teriamos que facer fincapé en decirlles aos nenos/as que van á grada, que non se pode ir a un campo a insultar.

Iñaki danos a clave do porque estamos errando: “non ir a” significa ser axente pasivo dun proceso.

Temos moitos precedentes para a reflexión, pero tocamos fondo cando a semana pasada, cubrimos redes sociais con comunicados e mensaxes, debido á morte de Andrés Rico, avó dun árbitro de balonmán de 14 anos

A falta de propostas de Federacións e Administracións veñen na liña de “non facer” e levarse as mans á cabeza como resposta aos problemas.

Abordar un problema de violencia nas gradas claro que pode facerse con carteis, pulseiras ou campañas nas que hai que explicar ás persoas que “non deben insultar”. 

Nun capítulo de The Big Bang Theory, Raj preguntaba porque existía unha campaña en Estados Unidos na que un oso (Smokey) tiña que lle decir á xente que queimar o monte era malo. Pois iso, se temos que decirlle á xente que está mal agredir a unha persoa na grada ou a un/unha árbitro, o problema non é da competición, é da sociedade.

Agora que, si son mazás podridas. Está claro. As gradas non son guerras constantes e na maior parte delas hai confraternidade e diversión. Se non é así, vaia inacción dos/as responsables deportivos/as.

As solucións educativas existen, e parten dun principio clave: as persoas teñen que ser parte directa do proceso: protagonistas. Á grada temos que ir disfrutar, rir, animar. Estamos fartas de que nos digan que non debemos facer. Debemos explicar que facer

As solucións educativas existen, e parten dun principio clave: as persoas teñen que ser parte directa do proceso: protagonistas. Á grada temos que ir disfrutar, rir, animar. Estamos fartas de que nos digan que non debemos facer. Debemos explicar que facer.

Unha fundación moi coñecida en España, ten unha campaña que anuncia en televisión: “no al acoso”. Vale. Sabemos que iso está mal… cales son as ferramentas que temos para traballar? Temos profesionais traballando resolución de conflitos entre iguais? Coñecemos por que existen esas situacións? Permitimos resolver situacións conflitas ás persoas implicadas? Pois NON. Mensaxes sen propostas.

Hai anos, puxemos en marcha un proxecto na Federación Galega de Baloncesto que premiaba as actitudes e participación positiva nas gradas. Participaban todos os colectivos implicados e fomentábase a acción ante a pasividade. Incluso existían ferramentas ante persoas que na grada comezasen a insultar e non animar: mentres durou, os datos recollidos foron espectaculares. 

Tamén, dende a Área Social do Club Ourense Baloncesto (e falamos de baloncesto profesional), as accións que se levan a cabo están encamiñadas a participar nos encontros sendo protagonistas e animando con respecto. O ano pasado publicamos unha guía de acción para ser unha boa aficionada. Todas as propostas implicaban algún tipo de acto en positivo. Son pequenos pasos para ter espazos deportivos libres de machismo, racismo ou homofobia.

Cando todas as partes implicadas no proceso teñen responsabilidades, aumenta a motivación para facer, participar e aportar

Polo tanto, cando todas as partes implicadas no proceso teñen responsabilidades, aumenta a motivación para facer, participar e aportar: Queremos ir a ver un partido a pásalo ben, a ver como outras persoas disfrutan, a animar e incluso, ata sufrir (só polo resultado). 

Entre todas e con propostas activas trocamos isto. Iso si, teremos que comezar xa e levará tempo. Se é o que queremos, póñanse a facer. Gracias.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.