171 persoas aspiran a formar parte da Coordinadora de Anova

Asemblea deliberativa de Anova © Anova

Veñen de coñecerse os nomes das 171 persoas que presentaron a súa candidatura para formar parte da Coordinadora Nacional de Anova, e entre as cales tamén se escollerá o domingo o ou a Portavoz Nacional da formación. O sábado ás dez da mañá terán lugar as votacións que decidirán a metodoloxia e a forma de funcionamento da Asemblea Nacional, e que decidirán se estas persoas optarán a formar parte da Coordinadora en listas abertas ou pechadas e se o cargo de Portavoz o decidirá de forma colexiada este órgano de dirección política ou se o fará a afiliación de Anova directamente.

Entre estas 171 candidatas e candidatos hai 59 mulleres e 112 homes. En calquera caso a Coordinadora Nacional rexerase polo máximo legal do 60% para cada un dos xéneros, polo que entre os 75 haberá un máximo de 45 homes ou de 45 mulleres. A votación celebrarase o domingo, 9 de xuño, ás 15:30 horas. Da actual Coordinadora Nacional, emanada da Constituínte do 14 de xullo de 2012, aspiran á reelección 55 nomes (29 homes e 26 mulleres).

Para a Comisión Ética e de Garantías, actualmente conformada por 5 homes e 2 mulleres, e que vai pasar a ter sete titulares e sete suplentes, presentáronse un total de 18 aspirantes (13 homes e 5 mulleres) e entres eles dúas persoas repiten.

Podes consultar a lista completa de candidatos e candidatas nesta ligazón.

 

Asemblea deliberativa de Anova © Anova

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.