A CIG acusa a Xunta de forzar os traballadores da Administración a "facer campaña a favor do PP"

Edificio central de San Caetano CC-BY-SA Praza Pública

A CIG acusa o PP de “utilizar os recursos dos que dispón a Xunta para facer campaña a favor do partido”. O sindicato nacionalista, a través dun comunicado, destaca que “calquera partido gobernante” emprega os recursos que lle dá o Goberno para facer propaganda ao seu favor, pero aclara tamén que o Partido Popular “é un mestre nisto” e que “agora tócalle a el”.

Segundo denuncia a central nacionalista, “a Xunta está paralizada por mor das eleccións do vindeiro 21 de outubro”. “Sabemos que están poñendo a traballar na campaña, principalmente, a persoal en condicións laborais precarias e que se están a parar expedientes ou a axilizar outros en función dos intereses políticos do PP”, denuncia a CIG. “Aquí non se asina nada", disque circula por varias consellerías.  por varias consellarías. Ademais, denuncian tamén que “se están a facer horas a esgalla, recollendo datos e dando instrucións para que se leven a cabo liñas políticas que favorezan a campaña do PP”, din.

"Na Xunta estanse a elaborar informes para atacar a oposición, recollendo datos do bipartito para comparalos co Goberno de Feijóo"

“Elabóranse informes para atacar a oposición”, din desde a CIG, que detalla que “se están a recoller datos do período do bipartito para, logo de pasalo pola depuradora ideolóxica, comparalos co período de Feijóo”.  “Manipulan os datos da mellor maneira posible, agochando o que non lles beneficie e enganando a cidadanía con datos que calquera análise un pouco profunda desmontará no seu momento”, asegura a central.

Por todo isto, a CIG fai “un chamamento” aos funcionarios públicos para que “denuncien calquera tarefa que lles queiran impoñer e que non sexa a estritamente relacionada cos Servizos Públicos” e recordan que o capítulo VI do Estatuto do Empregado Público regulamento os deberes dos empregados públicos e o deber de velar polos intereses xerais de acordo cos  principios de obxectividade, neutralidade e imparcialidade. Ademais, piden aos traballadores que se son requiridos para facilitar “datos sospeitosos” ou reciben “instrucións que teñen que ver coa campaña electoral”, o denuncien ao sindicato.

Do mesmo xeito, a central nacionalista advirte á Xunta de que “calquera orde ou instrución que constitúa unha infracción manifesta do ordenamento xurídico pode e debe ser denunciada”.

Edificio central de San Caetano CC-BY-SA Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.