A CIG pide que se investigue a contratación en Xinzo de dez interventores do PP

Xinzo de Limia Dominio Público Praza Pública

A CIG solicítalle ao fiscal xefe de Ourense a apertura dunha investigación sobre as “contratacións temporais” realizadas polo alcalde de Xinzo de Limia, o popular Antonio Pérez, de cando menos dez persoas que foran interventores do PP nas eleccións municipais de maio de 2011 e xerais de novembro do mesmo ano.

O sindicato remitiu unha denuncia no que figuran os nomes completos e os empregos que supostamente foron concedidas a unha ducia de persoas relacionadas co Partido Popular. A CIG denuncia que o alcalde de Xinzo se erixiu en “campión da política de austeridade” ao “anunciar un ERE que, finalmente, tornou nunha rebaixa salarial xeralizada para todos os operarios do Concello”

Nun escrito a CIG tamén carga contra o propio fiscal xefe da provincia de Ourense, ao que acusa de "montar unha auténtica cortiña de fume, ao redor do suposto silenzo dos sindicatos, no caso da imputación do Ex presidente da Deputación". E lémbralle que o sindicato a mediados de decembro de 2011 lle requiriu á Deputación "a entrega da copia de todos os contratos laborais subscritos en 2012, co obxecto de formular denuncia ante a Subdelegación do Goberno".

Xinzo de Limia Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.