A política ficción non serve máis que para imaxinar escenarios posibles, futuros hipotéticos con situacións que poderían darse ou non. Son habituais as proxeccións dos resultados dunha convocatoria electoral a outro tipo de comicios, aínda que deben ser sempre ser lidas con precaución, dadas as moi distintas características que presentan unhas e outras citas, os fenómenos de voto dual e os momentos hitóricos diferentes de cada elección.
PSdeG, En Común e BNG sumarían 40 escanos no parlamento galego, perdendo a dereita a súa maioría
En calquera caso, os resultados desta noite -trasladados directamente a unhas hipotéticas eleccións autonómicas, cun límite provincial do 5%- desaloxarían ao PP do Goberno da Xunta e outorgarían unha maioría absoluta ás forzas de esquerda. O PSdeG-PSOE sería a forza máis votada, con 28 escanos, que sumados aos 10 representantes de En Común e aos 2 do BNG, sumarían 40, dous por riba da maioría absoluta, permitindo un executivo comandado por Gonzalo Caballero,
No campo conservador, o PP caería ata os 25 deputados, por 8 de Ciudadanos e 2 de Vox, que entraría por A Coruña e Lugo. 35 en total, insuficientes para formar unha maioría.
Se os 23 deputados e deputadas galegas se escollesen nunha única circunscrición, BNG e VOX obterían 1 escano e En Común e Ciudadanos tamén gañarían un representante
Tense falado moito do impacto do método d'Hodnt e do efecto que ten na distribución de escanos, sobre todo para as forzas máis pequenas. E aínda que hai algún sistema algo máis proporcionais, o factor máis determinante na asignación de representantes (e o que máis penaliza os partidos minoritarios) é o reducido tamaño dalgunhas circunscricións, que adoita elevar moito o límite para acadar deputados e deputadas. Unha das propostas que sempre estivo sobre a mesa foi a de converter as circunscricións provinciais e circunscricións autonómicas.
En Galicia, se os 23 deputados e deputadas se escollesen nunha única circunscrición (cun límite do 3%), o PP obtería 8 representantes, por 7 do PP, dous menos dos obtidos realmente. En Común e Ciudadanos terían 3 cada un (un máis dos sumados esta noite). Ademais, BNG e Vox acadarían un escano cada un por Galicia.
300.000 votos galegos sen representación
Aínda que nestas eleccións o número de forzas políticas representadas en Galicia creceu con respecto a outros comicios, a crecente fragmentación do escenario electoral tamén fixo que os votos que non se traduciron en escanos acadasen un número moi importante.
300.000 sufraxios en Galicia foron para candidaturas que non acadaron representación
En total, ao redor de 300.000 sufraxios nas catro provincias galegas foron para candidaturas que non acadaron representación. Sobre todo en Lugo e Ourense, onde máis dun terzo dos e das votantes apoiaron a forzas que non tiveron escano (En Común, Ciudadanos, VOX e BNG, sobre todo, ademais de En Marea ou PACMA). Na Coruña (16%) e Pontevedra (14%) as porcentaxes foron inferiores, correspondendo principalmente a BNG e VOX. en total, suman 300.000, 101 mi na Coruña, 76 mil en Pontevedra, 64 mil en Lugo e 60 mil en Ourense