Así funciona o método d'Hondt para asignar escanos en función dos votos de cada partido

Victor d'Hondt sobre unha imaxe do pleno do Congreso dos Deputados CC-BY-NC-SA Praza Pública

Victor d'Hondt (Gante, Bélxica 1841-1901) era xurista e matemático. Combinou ambos labores na creación do sistema que, segundo o fixado na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, é o empregado para asignar escanos ás diferentes formacións políticas en funcións do número de votos obtidos. O seu método -que non lei- é o utilizado no sistema electoral español, pero tamén en moitos outros.

A proporcionalidade do sistema d'Hondt para asignar escanos aumenta ou diminúe en función de factores como o tamaño da circunscrición, que neste caso é a provincia

A regra que este 28A volverá poñerse en marcha para asignar os escanos do Congreso foi concibida para tender á proporcionalidade nesta distribución. No entanto, esta proporcionalidade aumenta ou diminúe en función de factores como o tamaño da circunscrición, que neste caso son as provincias. Nas provincias menos poboadas, como Lugo ou Ourense, a proporcionalidade do sistema é menor e tende a primar as forzas máis votadas. Non en van, cando foi encaixado na vixente lei electoral, apostouse por construír un modelo tendente ao bipartidismo.

Neste vídeo resumimos mediante unha simulación de votos e escanos nunha circunscrición imaxinaria o funcionamento da regra d'Hondt. Tamén algún dos seus elementos máis característicos, como que a forza con menos votos entre as que entran ao reparto do escanos -en eleccións xerais o limiar é do 3%, nas galegas elévase ao 5%- poida acabar disputando un asento parlamentario ao partido con máis votos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.