A FPG agardará ao que as asembleas de ANOVA decidan sobre a fronte de esquerdas

Imaxe do VI Congreso da FPG, o pasado ano © FPG

A Frente Popular Galega (FPG) manterá contactos con diferentes colectivos e forzas políticas co obxectivo de "alcanzar acordos amplos para posibilitar avances no camiño dunha Galiza soberana e dos e das traballadoras". A formación afirma que procurará facer posible "unha verdadeira alternativa política para a saída da brutal crise á que nos conducíu o gran capital financeiro cara a nosa soberanía política e económica como pobo".

A FPG manterá contactos con diferentes colectivos e forzas políticas co obxectivo de "alcanzar acordos amplos para posibilitar avances no camiño dunha Galiza soberana e dos e das traballadoras"

En canto á xuntanza mantida hai uns días con Esquerda Unida, no marco das reunións que a coalición está mantendo para avaliar a posibilidade de conformar unha fronte ampla de esquerdas en Galicia, a FPG anuncia que as decisións que poida adoptar estarán definidas por un "máximo respecto" e pola "aceptación da decisión soberana que a ANOVA decida democrática e asembleariamente".

A FPG salienta a vixencia "da nosa liña histórica, que sempre mantivemos, de defensa e loita pola independencia e a soberanía nacionais ligada á loita da clase obreira" e engade que "a loita de clases, se ben é internacional, nunca se dá en abstracto, dáse sempre no seo dun marco nacional concreto, no noso caso na Galiza dependente e aínda colonizada do século XXI".

Imaxe do VI Congreso da FPG, o pasado ano © FPG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.