No ano 2014 Radio CampUSCulturae naceu como unha emisora universitaria integrada nun amplo proxecto intercultural da universidade de compostelá. Co tempo evolucionou e dende 2015 continuou a súa traxectoria coa forma de asociación cultural que mantén unha grella estable de programación radiofónica de múltiples temáticas.
Radio CampUSCulturae e Praza.gal colaboran no seguimento desta noite electoral
Este 28 de abril Radio CampUSCulturae desenvolve unha programación especial para realizar o seguimento da noite electoral do 28A. "Galicia xógase moito nas eleccións xerais" e por iso o equipo da emisora decidiu realizar un seguimento intenso dende o peche dos colexios electorais, con conexións dende as sedes das forzas políticas e espazos de análise durante o escrutinio.
Radio CampUSCulturae e Praza.gal colaboran no seguimento desta noite electoral e, deste xeito, a programación especial da emisora pode ser seguida ao vivo nesta mesma páxina do xornal, no reprodutor sobre estas liñas. Tamén na súa web e a través da aplicación Tunein. Ambos medios, ademais, compartiremos contidos para informar da noite electoral.