A nova executiva nacional de EU deseña a súa expansión territorial e orgánica

Nova Executiva Nacional de EU © EU

A nova executiva nacional de Esquerda Unida, que renovou a pasada fin de semana o 70% dos seus membros, celebrou este mércores a súa primeira xuntanza. O órgano debateu e trazou a estratexia organizativa para consolidar o proxecto político de EU nun momento de expansión territorial e orgánica.

A executiva, na que participan tres dos nove deputados de Alternativa Galega de Esquerdas, aprobou unha campaña contra a previsible reforma das pensións que conxugará a loita institucional, con presentación de mocións en concellos e no Parlamento Galego, con actos de rúa e encontros con colectivos sociais. Tamén se ultimou a organización da Conferencia política sobre Europa que a formación celebrará este sábado 15 en Compostela, unha xornada de debate sobre o modelo alternativo de construcción europea que contará coa presencia de delegados e delegadas de tódalas comarcas de Galicia.

EU celebra unha Conferencia política sobre Europa este sábado 15 en Compostela, unha xornada de debate sobre o modelo alternativo de construcción europea

De igual xeito, a coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, presentou un informe político no que subliñou que “estamos nun momento especialmente importante para Esquerda Unida, cun proxecto político que nestes anos tense consolidado como coherente coas propostas históricas da formación: non á Maastrich no 94, o o modelo de estado federal formulado en 1998". Pola súa banda, o responsable de organización de EU, Rubén Pérez, presentou unha proposta de esquema organizativo e as secretarías acordaron a presentación de plans de traballos vinculados aos traballos de desenvolvemento da extensión organizativa.

Nova Executiva Nacional de EU © EU

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.