A oposición pide explicacións a Feijoo polos contratos adxudicados á empresa da súa irmá

O contrato máis importante corresponde á xardinería de Sogama, polo que Eulen recibe case medio millón de euros anuais © Sogama

As concesións da Xunta a Eulen, empresa da que Micaela Núñez Feijóo é apoderada, suman 1,4 millóns de euros, a maior parte correspondentes a este ano e con catro contratos sen concurso público. Os contratos pódense consultar na plataforma de contratación da Xunta.

O primeiro contrato data de 2010 e corresponde a servizos de limpeza de instalacións xudiciais da provincia de Lugo. Porén, a parte máis importante destas concesións realizáronse nos últimos meses, pouco antes de que Alberto Núñez Feijoo decidise adiantar as eleccións. O contrato máis importante correspode aos traballos de xardinería no complexo de Sogama, en Cerceda, que roza o medio millón de euros anuais.

O socialista Francisco Caamaño esíxelle ao candidato do PP que dea "explicacións públicas" sobre este asunto e recoméndalle que non se oculte "coma con Pemex"

Pero pódense atopar contratos para traballos de organización de arquivos e almacéns, servizos de segruridade para Semana Verde e máis recentemente o servizo de atención telefónica ao consumidor nas provincias de Pontevedra e A Coruña para responder as queixas dos afectados polas preferentes, unha concesión que xa fóra denunciada no Parlamento por Carlos Aymerich e polo socialista Francisco Rivera. Un e outro altertaron neste caso de que os contratos, de 25 mil e 60 mil euros, se concederan de forma separada para non ter que sacalos a concurso.

O socialista Francisco Caamaño esíxelle ao candidato do PP que dea "explicacións públicas" sobre este asunto e recoméndalle que non se oculte "coma con Pemex".

O contrato máis importante corresponde á xardinería de Sogama, polo que Eulen recibe case medio millón de euros anuais © Sogama

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.