A participación ao mediodía baixa máis de tres puntos respecto á de 2009

Presentación dos resultados de participación ás 12:00 © Xoán Crespo

O 12,71% dos electores galegos xa acudira a votar até as 12 horas, fronte ao 16,1% que o fixo até a mesma hora nos anteriores comicios autonómicos de marzo de 2009, o que supón 3,4 puntos menos que nas pasadas eleccións.

Segundo os datos facilitados polo secretario xeral da Presidencia, Valeriano Martínez, en rolda de prensa, por provincias, a que maior participación rexistrou até o mediodía foi a de Ourense, cun 15,73%; mentres que en Lugo foi do 12,97%; na Coruña do 12,42%; e en Pontevedra do 11,95%.

A participación descendeu en 3,4 puntos con respecto a 2009

A participación baixa algo máis de tres puntos de media en todo o país. Pero o descenso é maior na provincia de Ourense, onde cae cinco puntos, seguida de Pontevedra e Lugo ( tres puntos e medio menos). A Coruña é onde a caida é menor, algo menos de tres puntos.

O descenso da participación é maior nos concellos rurais ca nas cidades. Así, a caida non chega a dous puntos na Coruña e Ferrol e supera esa cifra por pouco en Santiago. En Vigo e Pontevedra roza os tres e en Lugo e Ourense sitúase por riba dos tres e dos catro puntos, respectivamente, pero por debaixo da media das súas provincias.

O descenso da participación é maior nos concellos rurais ca nas cidades. Así, a caida non chega a dous puntos na Coruña e Ferrol e supera esa cifra por pouco en Santiago. En Vigo e Pontevedra roza os tres

Por comarcas os descensos máis importantes prodúcense en Xallas, Viana, Verín, Valdeorras, Terra de Soneira, Terra de Celanova, Ribeiro, Meira, A Limia, O Carballiño ou Allariz-Maceda, todas con descensos na cifra de participación de máis de cinco puntos ás doce do mediodía, e próximos aos seis puntos. A Ulloa é a comarca na que máis descende a participación: case dez puntos. No Concello de Monterroso a participación baixa catorce puntos.

 

Incidencias

Preguntado polos xornalistas, o secretario xeral de Presidencia tamén informou de que un grupo de persoas manifestouse este domingo ante o colexio electoral no que votou o actual presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo. Con todo, asegurou "non poder concretar" os motivos polos que se celebrou esta manifestación e lembrou que "como calquera outro cidadán" o candidato popular "ten dereito a exercer o seu voto" nesta xornada electoral.

Ás 17.30 horas está previsto que Valeriano Martínez compareza de novo ante os medios de comunicación no centro de datos habilitado na sede da Xunta de Galicia para informar do segundo avance dos datos de participación.

Electorado agardando para votar nun colexio electoral de Lugo CC-BY-SA Merixo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.