A primeira enquisa deixa a Feijoo sen maioría absoluta

Alberto Núñez Feijoo © Conchi Paz

La Razón publica a primeira enquisa dende o anuncio do adianto electoral e sen deternos a analizar polo miúdo os datos o titular podería ser que amosa un escenario moi aberto. A sondaxe indica que o PP perdería a súa maioría absolta e podería obter entre 34 e 37 deputados, o tamén descende, aínda que moi levemente o PSdeG-PSOE (24-25) e o BNG perdería dous deputados (10). Os descensos dos tres principais partidos serían aproveitados por outras formacións (aínda que varias delas aínda non definiron de que forma se van presentar) como Anova (2 deputados), EU (1-2), UPyD (0-2) e mesmo CxG, sen representación pero cun 3,1% dos votos. A sondaxe salienta igualmente o ascenso da abstención, que chegaría ao 45,1%, dez puntos máis ca en 2009.

A sondaxe indica que o PP perdería a súa maioría absolta e podería obter entre 34 e 37 deputados, o tamén descende, aínda que moi levemente o PSdeG-PSOE (24-25) e o BNG perdería dous deputados (10)

Hai que ter en conta que as enquisas publicadas por La Razón (realizada esta por NC Report) non contan cunha gran credibilidade entre os expertos, e por exemplo, non publica na web a súa ficha técnica. Polo tanto (coma no doutras sondaxes publicadas polos medios de comunicación) os datos hai que tomalos como simples indicios de tendencias. 

O PP obtería o 40,6% dos votos, sete puntos menos que hai tres anos e medio, uns votos que segundo a enquisa irían parar sobre todo á abstención. O PSdeG-PSOE tamén baixaría, do 31,5% ao 28,4%, pero mantendo unha elevada fidelidade do voto. O BNG perdería algo máis, pasaría do 16.3% ao 11.9%, mantendo o 53% dos votos que obtivo en 2009.

Os descensos dos tres principais partidos supoñen o ascenso ou irrupción de novas formacións

Os descensos dos tres principais partidos supoñen o ascenso ou irrupción de novas formacións, a pesar de que a maior parte delas aínda non definiron a fórmula ou coalición coa que se presentarán aos comicios. A sondaxe outórgalle a Anova unha estimación de voto do 5% e dous escanos. Esquerda Unida superaría o 4% en toda Galicia e roldaría o 5% na Coruña e Pontevedra, obtendo entre 1 e 2 escanos. Tamén UPyD podería obter representación, rozando o 5% nas provicias occidentais e podería obter entre 0 e 2 escanos. Compromiso por Galicia chegaría ao 3,1%.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.