A manifestación a prol da lingua convocada por Queremos Galego sumou un chanzo máis no ciclo de mobilizacións contra a xestión dos gobernos de Alberto Núñez Feijoo e Mariano Rajoy, iniciadas coas protestas polas tesoiradas na sanidade e no ensino e contra a reforma laboral, que tiveron a súa máxima expresión na folga xeral do 29M. Unhas mobilizacións ·pola comida e polo idioma", como o expresou Xosé Lois González, que a uns meses da celebración das eleccións autonómicas alimentan a posibilidade de que haxa un cambio político en Galicia.