Abel Losada: "Aspiro a desenvolver un proxecto que garanta unha sociedade máis xusta e máis equilibrada"

Dominio Público Praza Pública

A SÚA QUENDA, SEÑORÍA

Cal é a súa principal motivación para entrar no Parlamento?

Por unha banda, a confianza que deposita en min o Partido Socialista, no que levo militando case trinta anos. Por outra, aspiro a desenvolver un proxecto político que garanta unha sociedade máis xusta e máis equilibrada social e economicamente, especialmente nun momento de crise tan grave como a actual.

"O PSdeG é a única opción viable que permite consolidar un cambio de modelo de crecemento económico fundamentado na innovación e no valor engadido"

Por que a cidadanía debera votar por vostedes?

Porque o Partido Socialista representa a única opción viable que permita consolidar un cambio de modelo de crecemento económico fundamentado na innovación e no valor engadido, o que ten que permitir salarios dignos e unha recadación fiscal progresiva e non discriminatoria para blindar os servizos públicos esenciais.

Cal é a medida máis urxente que precisa o país despois do 25S?

Serán dúas as medidas que os socialistas implementaríamos de forma urxente. A primeira delas será un plan de incentivos ao emprego para xóvenes e parados de longa duración e, en segundo lugar, recuperar os niveis de emprego público existentes no ensino e na sanidade no ano 2009.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.