Alberte Mera, novo secretario xeral de Galiza Nova

Intervención de Alberte Mera xunto á nova Permanente de Galiza Nova Dominio Público @rubencela

A XII Asemblea Nacional de Galiza Nova, que se celebrou este domingo en Compostela, elixiu Alberte Mera García como novo secretario xeral. Os 300 militantes do colectivo de mocidade do BNG escollérono en substitución de Iria Aboi, que non se presentou á reelección.

Alberte Mera García é licenciado en Comunicación Audiovisual na especialidade de guión e dirección pola Universidade de Vigo e de Santiago, onde realiza unha tese doutoral sobre os inicios do cinema galego. Dirixiu e participou en varias curtametraxes e proxectos audiovisuais e é membro do grupo audiovisual Ollo de Vidro canda a outros creadores novos. Foi responsable dos CAF no campus de Pontevedra e membro dos actuais Comités.

A intervención do Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, pechou unha longa xornada de debates na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, centrados na importancia da crise económica e a súa incidencia da mocidade, as políticas da dereita e a alternativa do nacionalismo xuvenil, o papel de Galiza Nova na mobilización social e as melloras organizativas necesarias para fortalecer o BNG e ampliar a incidencia do nacionalismo galego entre a mocidade.

Alberte Mera García Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.