APROPIGA critica a creación de brigadas municipais contra os incendios

Brigadistas de Medio Rural, coas súas fundas de traballo © Xunta

A asociación APROPIGA, que agrupa os profesionais da prevención e a extinción de incendios forestais do Servizo Público en Galicia, denuncia a intención da Consellaría de Medio Rural, despois da reunións mantidas coa Fegamp, de crear brigadas municipais de defensa e extinción contra incendios forestais. Amósanse "preocupados" pois esta fragmentación é inasumible economicamente para moitos concellos "e só vai xerar un dispositivo máis lento, ineficaz e desprofesionalizado". Tamén denuncia a contratación de brigadas privadas que a Xunta vai realizar "a través dunha consultoría con nula experiencia na creación de brigadas ata a chegada do PP nas últimas lexislaturas" en referencia á privatización das brigadas helitransportadas que a consellería pretende levar a cabo a través dunha adxudicación directa despois de declarar deserto un concurso público.

Tamén denuncia a contratación de brigadas privadas que a Xunta vai realizar

APROPIGA lembra que a comisión de estudo que se constituiu no Parlamento de Galicia no 2006 destacou nas súas conclusións que “a falta dun mando único de control engadiu dificultades ás tarefas de extinción” e que "as brigadas municipais obedecen en maior grado as instrucciones dos alcaldes", o que creou graves disfuncións no operativo. Este informe reclamaba “unha maior profesionalización dos traballadores do lume cun mando único, en mans da Xunta de Galicia” e, polo tanto, aconsellaba a desaparición das brigadas en mans dos concellos.

Os concellos van ter que asumir unha porcentaxe do custe do dispositivo de entre o 20% e o 30%, un custe "inasumible" para a meirande parte deles

A asociación considera que este proxecto é "unha cesión envelenada de competencias" pola que os concellos van ter que asumir unha porcentaxe do custe do dispositivo de entre o 20% e o 30%, un custe "inasumible" para a meirande parte dos concellos galegos para, ademáis, "ofrecer un servicio defectuoso". Por este motivo auguran que a Consellería terá que achegar o 100% do financiamento, "o que suporá financiar unha fragmentación inaceptable asi como un incremento do gasto incomprensible".

Reclámanlle á  FEGAMP e á Consellería "responsabilidade" e "altura de miras" para "máis alá do mercadeo duns centos de contratos"

Reclámanlle á  FEGAMP e á Consellería "responsabilidade" e "altura de miras" para "máis alá do mercadeo duns centos de contratos" pensar "na seguridade e na profesionalidade do persoal contratado" e na prestación do servizo. Lembran que dende sectores profesionais e ecoloxistas "xa advirten de que este ano debido á cantidade de vexetación existente e os recortes en prevención, se prevé un ano complicado de incendios no período de alto risco".

Brigadistas de Medio Rural, coas súas fundas de traballo © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.