As Xuventudes Socialistas pregúntanlle a Feijóo: "Por que recorta a quen máis o necesita?"

Congreso das XSG CC-BY-NC-SA PSdeG

"Pregúntalle a Feijóo". É o convite que as Xuventudes Socialistas de Lugo veñen de lanzarlles ás "persoas da rúa", especialmente á xente moza, de cara ás eleccións do 21 de outubro. Cunha atención especial a "todos aqueles que no seu momento puideron apoiar a Alberto Núñez Feijóo polas súas promesas, incluso do paraíso" a organización de mocidade do PSdeG recompilou "varios incumprimentos e defeitas por parte do Goberno do PP" e disponse a remitir, cada semana "unha carta" ao líder conservador "con cuestións capitais" nas que, din, ten un "compromiso obrigado de resolución". "Non ter unha resposta ou obviala significaría que ao presidente non lle importa o máis mínimo o benestar da mocidade", afirman.

Emigración, sanidade, educación ou medio rural son algunhas das materias abordadas nesta campaña das XSG, o 90% dos municipios do país, para atender servizos sociais básicos. Ademais, "este decreto sinala que os galegos con ingresos superiores a 532 euros terán que facerse cargo dos servizos á dependencia". Do mesmo xeito, abondan, o Goberno central "paralizou a aplicación da Lei da Dependencia" para persoas que sofren dependencia moderada, "deixando 1.200 persoas con estas axudas paralizadas ata 2013 en Galicia". Os recortes de Rajoy neste ámbito, din, elévanse xa a 21,5 millóns en territorio galego, circunstancia á que se engade "a ampliación do prazo de seis meses a dous anos" para a tramitación e concesión de axudas.

As XSG remítenlle unha carta semanal a Feijóo

"Estes recortes terán consecuencias dramáticas para moitos cidadáns, sobre todo persoas maiores", as cales tamén sofren xa "subas de impostos" e "copagamento de medicamentos". "Todos estes recortes non só lles afectan aos propios dependentes, senón que acarrean o despedimento de centos de traballadores e traballadoras destes sectores". Sobre esta base as Xuventudes Socialistas pregúntanlle a Feijóo: "Por que deixa sen financiamento a todos os concellos menores de 20.000 habitantes de Galicia?", "por que paralizan a aplicación da lei de dependencia?, "por que todos os recortes e medidas prexudican sempre os máis desfavorecidos, como poden ser os dependentes?".

Congreso das XSG CC-BY-NC-SA PSdeG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.