Así se moveu o taboleiro electoral, comarca a comarca

Dominio Público Praza Pública

O PP amosou a súa fortaleza crecendo en practicamente todas as comarcas do país (en 42 das 53). Varias comarcas ourensás están entre aquelas nas que os populares incrementaron máis a porcentaxe de voto obtida en 2012: O Carballiño, Terra de Celanova, Terra de Caldelas, Ourense e Allariz-Maceda, Neste grupo tamén aparecen Terra de Soneira, Deza ou Os Ancares. Os populares só caen en Terra Chá, Vigo, Verín, A Mariña Occidental, Barbanza, A Paradanta, Quiroga, Noia, O Condado, Terra de Trives e O Baixo Miño.

En Marea mellorou moito a implantación territorial de AGE: creceu nas cidades (agás Santiago), pero sobre todo medrou nas comarcas rurais. A candidatura crece 15 puntos en Terra de Trives, 10 no Condado e O Morrazo, 9 no Baixo Miño e 8 en Viana, Vigo, A Limia e A Mariña Occidental.

O PSdeG-PSOE descende en case todo o territorio, mellorando a súa porcentaxa de voto unicamente na Baixa Limia, Eume, Terra de Melide e Noia. Pola contra, en varias comarcas ourensás (O Carballiño, Terra de Caldelas, Ourense e Valdeorras) e da montaña de Lugo (A Fonsagrada e Os Ancares) os socialistas caen con forza.

Con respecto ás eleccións de 2012, o BNG creceu en varias comarcas coruñesas: Arzúa, Muros, Santiago ou Ordes, o mesmo que en Sarria ou Viana. Pola contra, descende na maior parte do país, especialmente en Terra de Lemos, O Ribeiro, O Condado, A Paradanta, O Morrazo, Terra de Trives, Terra de Celanova e Terra de Soneira.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.