Facendo un pouco de política ficción e trasladando os resultados desta noite a unhas hipotéticas novas eleccións estatais, os populares crecerían 3 escanos, perdendo EnMarea a súa representación por Lugo e caendo os socialistas na Coruña e Pontevedra.
O BNG quedaría preto (algo menos dun punto) de obter escano pola provincia da Coruña, a custa do PP. En Marea quedaria a ao redor de dous puntos de manter o seu deputado por Lugo, que perdería o PP. En Pontevedra sería o PSdeG-PSOE o que estaría máis cerca (tres puntos) de salvar o seu segundo escano, evitando que o gañasen os populares.