Aymerich pide "unha ampla reflexión" sobre o BNG e reclama a celebración dunha asemblea

Carlos Aymerich, nunha intervención no Parlamento CC-BY-SA BNG

Carlos Aymerich, líder de Abrente e deputado do BNG no Parlamento galego, reclama que o Bloque inicie unha "profunda reflexión" sobre o estado no que se atopa a organización e pide que esta reflexión se traduza en "cambios profundos" e "culmine nunha asemblea", en declaracións realizadas a Europa Press.

O líder de Abrente cre que cómpre "introducir todos os cambios que o BNG precisa" e que unha asemblea escenifique cara a fóra "o inicio dunha nova etapa". De igual xeito cre "fundamental recuperar a unidade do nacionalismo" pois "hai moito nacionalismo fóra do BNG e agora temos que unificarnos". Aymerich chama a "non repetir erros do pasado" e a elaborar "un proxecto e unha casa atractiva para poder convidar xente".

Carlos Aymerich, nunha intervención no Parlamento CC-BY-SA BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.