Báscuas chama ao "voto útil" á súa formación para "evitar a maioría do PP"

Os catro cabezas de lista de CxG, en Ourense © CxG

"A porta de saída do Goberno de Feijóo está en Ourense", asegurou Xoán Bascuas, candidato á presidencia da Xunta por Compromiso por Galicia (CxG), formación que pechou na cidade das Burgas a campaña nun acto no que insistiu en que a formación política "non é tromba dunha noita, senón choiva fina que cala na terra para quedar". "Só o voto útil a Compromiso por Galicia evitará a maioría absoluta do PP", insistiu o candidato á Xunta, que estivo acompañado no peche de campaña polos outros tres cabezas de lista: Rafael Cuíña, Iván Marrube e Xosé Manuel Pérez Bouza.

O candidato destacou que "a esperanza, a ilusión, o ánimo de transformar as cousas están na revolución da sensatez e da sinxeleza que predica Compromiso por Galicia", insistiu Báscuas, que destacou a "esixencia ética" de Xosé Manuel Pérez Bouza, cabeza de lista por Ourense, que advertiu de que a única forma de que Feijóo non renove a maioría absoluta é "que Compromiso entre no Parlamento con forza suficiente para condicionar a xestión que alí se faga, en beneficio dos cidadáns".

O ex senador está convencido de que CxG logrará representación co apoio dos milleiros de e outros tantos que xa deixaron clara a súa opción pola formación galeguista.

Os catro cabezas de lista de CxG, en Ourense © CxG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.