Beiras pide o voto para AGE para "abrir un novo ciclo histórico para o noso país"

Acto de AGE en Vigo Dominio Público Praza Pública

Este domingo Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz abandonaron a dinámica dos últimos días, nos que coincidiran en actos en Compostela, Ourense e Teo, e fixeron campaña por separado. Beiras estivo en Vilalba e Viveiro, onde chamou a votar a Alternativa Galega de Esquerda para "abrir un novo ciclo histórico para o noso país, loitando para que Galiza e a mocidade galega teña futuro”. Beiras alertou de que unha nova maioría do PP "sería a ruina deste país ademáis de provocar unha situación ingobernable e caos”.

Pola súa banda, Yolanda Díaz estivo con Cayo Lara en Vígo e denunciou que Feijoo é apenas "o mando a distancia de Rajoy". Díaz asegurou que “Feijóo non é o presidente da solvencia, é o presidente do engano, do paro, dos recortes no ensino, dos recortes nas pensións, dos recortes na sanidade e dos recortes nas liberdades civís" e engadiu que Feijóo "destruíu 153.000 empregos en Galicia en soamente tres anos”.

Yolanda Díaz estivo con Cayo Lara en Vígo e denunciou que Feijoo é apenas "o mando a distancia de Rajoy"

Neste mesmo acto o coordinador xeral de IU, Cayo Lara, denunciou que Feijoo, "pretende desviar a atención para que a xente non pense no señor Rajoy cando vaia ás urnas". Por este motivo, Lara chamou a ir ás urnas "cun ollo posto no señor Feijóo, pero outro no señor Rajoy", posto que "o que se xoga nestas eleccións" é que se o PP consegue maioría nas eleccións autonómicas de Galicia "lexitimaranse as políticas de Rajoy". Así mesmo, censurou o adianto electoral de Núñez Feijóo en Galicia que busca que "os efectos negativos do rescate non os puidesen coñecer, nin tocar os galegos", o que enmarcou nun “engano" que se remonta a casos como non presentar os orzamentos antes das eleccións en Andalucía.

Acto de AGE en Vigo Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.