BNG pon a Portugal como exemplo de reacción contra os recortes

Jorquera, cos cabezas de lista do BNG CC-BY-NC-SA BNG

"É posible plantarlles cara aos recortes, facelos recuar", asegurou Francisco Jorquera este domingo en declaracións aos medios de comunicación. E puxo como exemplo a Portugal para afirmar que da crise se sae "loitando na rúa e defendendo políticas alternativas". Jorquera referíase ao cambio de posición do goberno portugués, que presionado polas masivas manifestacións na rúa decidiu anular a súa decisión de rebaixar os salarios a través dun aumento das cotizacións á seguridade social.

Jorquera criticou a visita de Mariano Rajoy este sábado a Ourense e acusouno de "vender fume". Tamén salientou que Feijoo quere "fuxir" do presidente do goberno, para o que evitou coincidir con el na cidade das Burgas. E ademais instou novamente ao PP a aclarar se gobernaria co apoio de Mario Conde.

O candidato nacionalista reclamou que "Galicia necesita un cambio real" e asegurou que "o BNG é a garantía dese cambio real". Pediulle á militancia do BNG "un último esforzo" para conseguir un goberno galego que sexa "un dique contra os recortes do PP". Previamente á intervención de Jorquera, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, interveu ante os militantes do BNG para afirmar que prefire "25 deputados sen goberno que tres con goberno".

Jorquera, cos cabezas de lista do BNG CC-BY-NC-SA BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.