Compromiso acorda explorar "unha nova candidatura de unidade"

Imaxe do Consello Político Nacional celebrado esta mañá © Compromiso por Galicia

Compromiso por Galicia celebrou este sábado pola mañá xuntanza do seu Consello Político Nacional, na que entre outros asuntos se debateu a "folla de ruta" da formación de cara ás vindeiras eleccións autonómicas. Tras un "profundo debate", cunha análise previa do resultado electoral das eleccións ás Cortes xerais, a posición maioritaria do máximo órgano de decisión política de Compromiso fora da súa asemblea nacional, foi a de “explorar unha alianza electoral con vocación galega, para a concorrencia ás eleccións galegas de 2016, sen veto á incorporación de calesquera forzas políticas”.

A proposta, defendida por algúns membros do Consello Político, implicará delegar na Comisión Executia Nacional de Compromiso a apertura de negociacións de cara a fomentar "unha candidatura única galega". O secretario xeral, Xoán Bascuas, afirmaque "a proposta aprobada tan só implica a apertura de conversas e negociacións de cara a construir unha gran candidatura galega, pero en ningún caso implica alianzas concretas, pois en Compromiso quen decide cara onde se camiña é a afiliación”. A convención celebrarase no mes de abril e nese momento Compromiso por Galicia decidirá a súa opción de concorrencia ás eleccións galegas deste ano. 

Imaxe do Consello Político Nacional celebrado esta mañá © Compromiso por Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.