Compromiso por Galicia reúnese o mércores cos asinantes da “Declaración de Gernika”

Acto de sinatura da Declaración de Gernika © Gazte Abertzaleak

Este mércores 6 de xuño terá lugar ás 17 horas no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela, unha xuntanza entre os asinantes da Declaración de Guernika e membros de Máis Galiza e Espazo Ecosocialista, que xunto con Acción Galega, hai unhas semanas veñen de sentar unhas novas bases políticas e programáticas baixo o nome de Compromiso x Galicia.

Na súa representación acudirán Gonzalo Constenla e Manuel Dios, de igual xeito que tamén se agarda a participación do Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras

Na súa representación acudirán Gonzalo Constenla e Manuel Dios, de igual xeito que tamén se agarda a participación do Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras. A este xuntanza acudirán como representantes do Acordo de Gernika Oskar Matute de Alternatiba, Ibon Rodríguez de Aralar, Niko Moreno de Esquerda abertzale, Alberto Unamunzaga de Eusko Alkartasuna, Andoni Rojo de Gazte Independistak, Jon Garai de Herrira, Jon Bergaretxe de LAB e Iosu Zalbidea de STEE_EILAS.

Segundo o secretario de Relacións Internacionais de Máis Galiza, Gonzalo Constenla, “isto é unha primeira toma de contacto para o intercambio de impresións” e salienta que “o compromiso da Declaración de Guernika pola paz e a normalización política de Euskadi”. Do mesmo xeito insiste en que “a Declaración de Guernika supuxo un acordo entre persoas e organizacións que viñan de culturas diferentes, nun esforzo de integración e xenerosidade que puxo ao país por diante de maximalismos”, con "dous vectores de actuación moi claros, como son o dereito a decidir e a defensa do Estado do Benestar".

As organizacións integrantes de Compromiso por Galicia aseguran manter igualmente moi boas relacións co PNV, co que xa se iniciaron contactos hai varias semanas, segundo Compromiso.

Acto de sinatura da Declaración de Gernika © Gazte Abertzaleak

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.