CxG escolle as responsabilidades da súa Executiva

A Executiva Nacional de CxG entoa o himno, ao remate do congreso CC-BY-SA CxG

Compromiso por Galicia celebrou hoxe o seu primeiro Consello Político Nacional logo da celebración do seu Congreso Constituínte. Entre os asuntos da orde do día tratados destacaron a elección das responsabilidades da Comisión Executiva e máis o deseño do borrador do mapa territorial da organización.

A proposta do secretario xeral de CxG, Xoán Bascuas, que saiu adiante sen ningún voto en contra, foi a seguinte: Sandra Araúxo farase cargo da Secretaría de Organización; Manuel González das Secretarías de Política Económica e de Finanzas; Xosé Anxo Laxe a Secretaría de Política Municipal; Paulo Carlos López a Secretaría de Comunicación; Inma López Silva a Secretaría de Igualdade e Muller e mais a Secretaría de Cultura; Henrique Monteagudo as Secretarías de Relacións Internacionais e de Lingua; Xulia Guntín a Secretaría de Formación e Liña Política; Ana Bande a Secretaría de Movementos Sociais. De igual modo Xosé Manuel Pérez Bouza asumirá, ademais da coordinación territorial de Ourense, a Secretaría de Servizos Públicos.

Antes de dar comezo, gardouse un minuto de silencio pola morte de Xosé Posada, que se cualificou como “un galeguista con maiúsculas”, e se incidiu en que a súa obra “continuará na acción política do día a día de Compromiso”. Sobre a celebración do Congreso do Partido Popular esta fin de semana, Xoán Bascuas desexoulle, “moita sorte nos debates” e advertiulles “que o galeguismo non só se predica, senón que se aplica”, á vez que se preguntou sobre se haberá algunha proposta de resolución “que vaia na liña de afondar na loita anticorrupción”.

Logo de Compromiso por Galicia © CxG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.