CxG lanza unha campaña polo mantemento da paga extra de nadal

Cartaz da campaña © Compromiso por Galicia

A campaña chámase As nosas pagas son de lei e presentouse este venres en Ourense, onde Xosé Manuel Pérez Bouza, Sandra Araúxo e Rafael Cuiña rexistraron unha reclamación administrativa e animaron á cidadanía a facer o mesmo, a partir dun modelo que veñen de colgar na páxina web de Compromiso por Galicia.

Pérez Bouza lembrou que o Estatuto Básico do Empregado público establece como retribucións básicas “o soldo, os trienios e as pagas extras”

Pérez Bouza salientou que se trata dun "dereito das e dos traballadores” e lembrou que o Estatuto Básico do Empregado público establece como retribucións básicas “o soldo, os trienios e as pagas extras”, polo que a aprobación do Real-Decreto Lei 20/2012 do 13 de xullo, na que se establece entre outras medidas a de eliminar a paga extraordinaria de decembro para os traballadores e traballadoreas das diferentes adminstracións públicas, "está contradecindo uns dereitos que en última instancia deben prevalecer".

Pola súa banda Rafael Cuíña engadiu que a paga extraordinaria é un dereito, “a pesares de que algúns o queiran vender coma un privilexio”. Cuíña afirmou que os traballadores e traballadoras son dos máis afectados pola crise, polo que os gobernos o que deben facer é “amparar os seus dereitos, non agredilos”. “Eses traballadores e traballadoras teñen nome e apelidos e son os que educan os nosos fillos ou salvan vidas, e cumpren unha función fundamental para o que o Estado de Benestar funcione”, concluíu.

Cartaz da campaña © Compromiso por Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.