CxG propón unha batería de medidas para aforrar 330 mil euros sen reducir deputados

Bancadas do PP no Parlamento CC-BY-NC-SA AGE

Para CxG, a proposta “reduce a proporcionalidade entre as circunscricións e dificulta a expresión parlamentaria da pluralidade política existente entre a sociedade galega”

Compromiso por Galicia manifesta o seu rexeitamento á proposta do PP de recortar o número de deputados do Parlamento de Galicia, dos 75 actuais a 61, co argumento do aforro e da austeridade. Para o secretario xeral de CxG, Xoán Bascuas a proposta “reduce a proporcionalidade entre as circunscricións e dificulta a expresión parlamentaria da pluralidade política existente entre a sociedade galega”. De resultar aprobada, advirte, “suporía unha degradación da importancia da principal institución da nosa nación” e punto onde se reflicten as demandas das cidadanía. “Sería, a fin de contas, recortar en democracia”.

Para Bascuas resulta "moita casualidade” que o tema rexorda neste preciso momento en que Feijóo esta “politicamente acorralado por todo o que rodea á súa relación con Marcial Dorado”. Isto mostra, segundo Bascuas, “a un Partido Popular escaso de ideas e sen capacidade para sacar adiante a Galicia”.

Segundo Bascuas, estas tres medidas significarían un aforro mensual de 330.000 euros, polo que o PP non podería utilizar a excusa da austeridade para “mermar a pluralidade e a calidade democráctica”

CxG pon enriba da mesa as propostas, presentadas hai uns meses, nas que propuña unha redución do salario, soldos e dietas, dos deputados e deputadas do Parlamento de Galicia en 2.000 euros mensuais, a redución dun 25% das subvencións aos distintos grupos parlamentarios, tanto para funcionamento interno como para contratación de persoal de confianza, e a redución dun 30% da partida orzamentario de gasto corrente. Segundo Bascuas, estas tres medidas significarían un aforro mensual de 330.000 euros, polo que o PP non podería utilizar a excusa da austeridade para “mermar a pluralidade e a calidade democráctica”. Ademais disto engade que “coa nosa proposta pódese aforrar dende xa, e a do PP non é de aplicación ata o ano 2016 ou ata as vindeiras eleccións autonómicas”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.