A Xunta divulgou este venres o distintivo que levarán os autobuses de transporte escolar que a partir do luns, co comezo do curso 2017-18, poidan ser utilizados tamén polo resto da cidadanía. Serán os que operan nunhas cincocentas rutas, o 10% do total, fundamentalmente nas provincias de Ourense e Lugo, e que están recollidas no listado que segue.